Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El candidato socialista
Premio polo que, La Región, o día despois da entrega, dálle o titular: “Homenaxe a un xenio do humor”. Non en van, Xosé Lois González “O Carrabouxo” é colaborador de La Región dende 1982, sendo milleiros de ourensás e ourensáns que, ao ter o xornal á vista, o primeiro que fan é ir ver O Carrabouxo.
O domingo, 6 de setembro, representando á Deputación de Ourense, tiven a honra de acudir, no refectorio do Mosteiro (claustro barroco), á entrega do XLII Premio “Celanova, Casa Dos Poetas” a Xosé Lois González “O Carrabouxo”, que tal como di a acta, foi concedido “Pola súa longa traxectoria como humorista gráfico, e ter sido dende 1982, a través das páxinas do xornal La Región, un dos pioneiros do humorismo gráfico galego da etapa democrática e digno continuador, polo tanto, das viñetas de Castelao e herdeiro, ó mesmo tempo, dos rexistros sociolóxicos da sorna, da rexouba, do trasacordo, da retórica e da retranca…” Nin que dicir ten que, O Carrabouxo compre con creces todos os criterios para a concesión do premio, como son una longa traxectoria no compromiso na defensa da lingua, cultura e identidade galega.
Comezou a mañá cultural, alí onde o mundo se chama Celanova, como todos os anos coa recepción do premiado e convidados na Praza Maior, para trasladarse a comitiva a depositar a ofrenda floral diante do monumento de Celso Emilio Ferreiro, baixo o son da Banda de Gaitas de Celanova, recital poético e a referida ofrenda. Xa no refectorio do Mosteiro, coa intervención musical a cargo do Quinteto Celanova Brass, comeza o acto cas palabras de presentación polo presidente da Fundación Curros Enríquez e alcalde de Celanova, lectura da acta a cargo do secretario da Fundación, entrega do premio, intervención de gabanza sobre o premiado -por Antonio Piñeiro- e intervencións institucionais (Concello, Deputación de Ourense, Xunta e Parlamento de Galicia) de clausura. O peche, coa intervención musical do Quinteto Celanova Brass e co himno galego pola Banda de Gaitas de Celanova. Un evento cultural de elevado nivel, como corresponde a una vila onde se respira cultura e actividade cultural permanente, nun claustro pertencente ao Mosteiro do que San Rosendo deixou plasmado no seu testamento: “Relinquo vobis domun mirifice aedificatam” (Déixovos unha casa marabillosamente construída). Todas as intervención estiveron ao nivel do premio e do premiado.
O Carrabouxo plasma en La Región ese humor gráfico, facéndoo a trazos, poucas palabras, pero gran capacidade de interpretar todo o que sucede ao arredor, espertando un sorriso e dando a coñecer o humor como arma comunicativa destinada a axitar conciencias
Efectivamente, dende 1982, O Carrabouxo plasma en La Región ese humor gráfico, facéndoo a trazos, poucas palabras, pero gran capacidade de interpretar todo o que sucede ao arredor, espertando un sorriso e dando a coñecer o humor como arma comunicativa destinada a axitar conciencias. Toda unha obra construída dende a ironía, retranca e intelixencia, conexionada coa realidade galega. E, a maiores, considero o premio un acto de xustiza, xa que Xosé Lois “O Carabouxo” estivo vencellado ao movemento para a recuperación da casa familiar de Curros.
Unha anécdota, que contei no Mosteiro, sobre O Carabouxo que demostra a riqueza do premiado, agora, fóra do humor fino: no ano 2000, cando eu chego á Subdelegación do Goberno en Ourense, tal como corresponde, o secretario xeral da Subdelegación foime presentando aos distintos servizos e persoas da Deputación. Na planta baixa, correspondente ao aparcadoiro de coches, entre eles estaba unha pequena moto -Vespa-, que chamoume a atención e conseguintemente preguntei por ela. O xecretario informoume que a moto fixera magníficos servizos, de maneira rápida e exemplar, e causara desgustos, xa que era destinada a levar os ceses que indicara a autoridade; a moto chegaba máis rápido, porque sorteaba coches… Nos anos da ditadura foi famosa a vespa que levaba os ceses, e despois aínda se utilizaba para correspondencia, papeleo, etc. Ao final, o secretario -valenciano- rematou a información: “La verdad es que desde que tenemos a Xosé Lois ‘O Carrabouxo’, como responsable de telecomunicaciones, ya poco se utiliza la moto, nos vamos modernizando…” Xa poden comprobar: O Carrabouxo foi quen de substituír a vespa denostada polas telecomunicacións, que chegan rapidísimo, sobre todo cando non son esperadas...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El candidato socialista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dolmens na heráldica de Muíños: o orgullo do seu patrimonio arqueolóxico
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Para Fiz
Afonso Vázquez-Monxardín
Reconstruír o relato galeguista
Lo último
DETERIORO DE LA INTERMODAL
El PP reclama el cierre del túnel de los sintecho en la estación de Ourense
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 24 de octubre