Miguel Santalices
OBITUARIO
Pérderse un intelectual, un home culto, e un político de carácter rebelde
O AFIADOR
Hai unha semana que se coñeceu a decisión do titular do Xulgado de Instrucción número 1 dos de Ourense coa que arquivaba a peza principal da denominada Operación Pokemon, que veu a ser algo así como un caixón de xastre -xudicial, claro- no que a famosa xuíza De Lara foi metendo a persoas -moi coñecidas e que desempeñaban postos relevantes na actividade pública a maioría- ás que acusaba da presunta comisión de delitos no exercicio dos seus cargos. A decisión da sua señoría provocou un tsunami político en distintos puntos de Galicia e, sobre todo, en Ourense, onde se levou por diante ao daquela alcalde, Francisco Rodríguez, e ao concelleiro do BNG Fernando Varela.
O nacionalista está alonxado da política dende aquela. En cuanto ao exrexedor socialista (atacado por unha parte do seu propio partido dende o primeiro instante da detención) é concelleiro non exercente na Corporación municipal de Ourense por razóns de saúde, despois de ser rescatado dende o PSdeG para as eleccións municipais de 2023. Curiosamente, o máximo órgano dos socialistas galegos celebrou a decisión xudicial, lamentando a sua tardanza. Cousas da vida, foi o mesmo que horas antes da constitución da última corporación dinamitou o pacto para a elección de Rodríguez como alcalde.
Curiosamente, o máximo órgano dos socialistas galegos celebrou a decisión xudicial, lamentando a sua tardanza. Cousas da vida, foi o mesmo que horas antes da constitución da última corporación dinamitou o pacto para a elección de Rodríguez como alcalde.
Houbo moitos máis damnificados, aínda que con menor repercusión, como o entón alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio, do Partido Popular, que perdeu o posto cando estaba a punto de renunciar para facerse cargo da secretaría da Embaixada de España en Venezuela, que nunca ocuparía. ; ou o alcalde de Ferrol, Rey Varela, a quen a xuíza tivo que desimpuntar cinco meses despois de habelo implicado porque a voz que se lle atribuía nunhas escoitas telefónicas sobre o asunto non era a do rexedor popular ferrolán. Non consta que Pepe Gotera e Otilio estiveran detrás destes episodios.
O arquivo da causa -aínda recurrible- certifica que non hai “caso” e seguro que foi recibido con alivio polos afectados, aínda que tanto Rodríguez como Varela pagaron carísima esta amarga peripecia xudicial, que afectou tamén á saúde de ambos. Haberá quen pense que, en consecuencia, deberían recibir reparación polo dano sufrido, que foi tamén profesional, político e moral, ao que haberá que engadir o de que unha xustiza que chega tan tarde xa non é tal. Pois non. Terán que contentarse coa sanción de sete meses de suspensión no cargo á xuíza De Lara, por falta “moi grave”, imposta polo Consello Xeral do Poder Xudicial e confirmada polo Supremo. A partir de aí, exerceu en Ponferrada, Mieres e dende hai unhos meses como maxistrada da Audiencia de Oviedo. Xa está.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Santalices
OBITUARIO
Pérderse un intelectual, un home culto, e un político de carácter rebelde
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Convoca que algo queda
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
“Cats”
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Joven
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 9 de octubre
ACCIDENTE GRAVE URBANO
Una mujer de avanzada edad, atropellada por una moto en la avenida de Zamora