OTRO HERIDO EN OURENSE
Un menor herido al salirse una moto de la vía en Pereiro de Aguiar
EXPERIENCIA CREATIVA
Alumnado de terceiro curso do Grao en Educación Infantil, da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense, está a desenvolver un proxecto de creación de instalacións artísticas que combina arte, espazo e xogo como ferramentas pedagóxicas. A iniciativa forma parte da materia “Obradoiro de Creatividade Artística”, da profesora Sara Fuentes, da Área de Didáctica da Expresión Plástica da Universidade de Vigo.
O proxecto “Arte, espazo e xogo. Creación de instalacións artísticas”, explica a profesora responsable, estivo inspirado na concepción do espazo como ‘terceiro mestre’ do educador Loris Malaguzzi e “busca deseñar experiencias sensoriais e expresivas que permitan ás nenas e nenos interactuar de maneira creativa coa súa contorna, transformando o espazo nun elemento activo no proceso de aprendizaxe”.
Esta foi a segunda edición da iniciativa, que xa o pasado curso académico se realizou, acadando uns bos resultados que animaron ao profesorado implicado a repetir a experiencia. Ao longo da actividade, o alumnado explora como a disposición do espazo “pode influír nas dinámicas de aprendizaxe, favorecendo a creatividade e a exploración” dos máis cativos.
As instalacións artísticas, que transforman un espazo mediante materiais e elementos diversos, serven, explica a profesora Sara Fuentes, como “un punto de encontro entre a arte contemporánea e a educación infantil, creando oportunidades únicas para que os nenos e as nenas poidan experimentar e aprender de maneira interactiva”.
Durante o proxecto, en diferentes fases as e os estudantes, repartidos en once grupos, deseñan, materializan e presentan instalacións adaptadas á etapa de Educación Infantil, integrando referentes da arte contemporánea e metodoloxías innovadoras como a aprendizaxe baseada en proxectos.
A iniciativa culminou este venres coa ubicación e presentación das instalacións en espazos comúns da Facultade de Educación e Traballo Social, no Edificio de Ferro, nunha exposición grupal onde se compartiu o proceso de traballo e os resultados obtidos e as e os estudantes tiveron a oportunidade de pórse na pel de nenas e nenos e experimentar as intervencións. “Esta iniciativa busca reflexionar sobre a importancia de considerar o espazo como parte do proceso educativo e como a arte pode enriquecer as experiencias de aprendizaxe na Educación Infantil”, sinala Sara Fuentes. Por último, desde a organización da actividade destacan a boa acollida e o traballo realizado por parte do alumnado implicado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OTRO HERIDO EN OURENSE
Un menor herido al salirse una moto de la vía en Pereiro de Aguiar
FALSEDAD DOCUMENTAL
Detenido en Ourense por cobrar por empadronamientos ficticios a 33 extranjeros
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El día en el que anocheció dos veces en Ourense
Lo último