OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas
ANO OTERIANO
A casa de Ramón Otero Pedrayo, en Trasalba, recibiu este luns a visita de estudantes galegos da ESO e Bacharelato, para a entrega dos premios anuais que levan o nome do Patriarca das Letras Galegas, que suman xa cinco edicións. Alí, foron galardoados polos seus traballos, nos que afondan na figura do intelectual.
Noa Rodríguez Muñoz e Sergio Lage, alumnos de 2º de Bacharelato do IES Ribeira do Louro do Porriño, levaron o primeiro premio. O seu proyecto “Os camiños da vida” foi elixido por unanimidade do xurado, destacando a calidade da imaxe, a coidada edición e a excelente documentación que empregaron os estudantes.
O segundo lugar foi para “Un “meniño naipelo” no espello de 14 lugares: Ramón Otero Pedrayo e os seus veráns en Vigo (1895-1901)”, feito por un grupo de estudantes do IES Castelao de Vigo. Valorouse nel o excelente traballo de documentación sobre o Vigo que Otero Pedrayo coñeceu sendo neno e a redacción do texto.
Ademais dos galardóns principais, o xurado acordou promover a publicación do traballo presentado baixo o lema “Alon”. Deste xeito, a obra de Juan Mosquera Magariños, alumno de 2º de Bacharelato do IES Xulián Magariños de Negreira, formará parte do vindeiro número da revista Trasalba, o anuario editado pola Fundación Otero Pedrayo.
No acto, participaron os membros da Fundación Otero Pedrayo e tamén representantes políticos. O secretario xeral da Lingua, Valentín García, puxo en valor a importancia deste certame na “contribución para ampliar o coñecemento entre as xeracións máis novas do Patriarca das Letras Galegas, que se fai especialmente máis significativa nun edición que coincide co celebración do Ano Oteriano”.
Precisamente, lembrou que o Goberno galego está traballando coas principais institucións culturais para consensuar o deseño dunha programación conxunta ao redor “dunha das grandes efemérides e citas deste ano en Galicia”. O obxectivo, segundo concretou, é acadar conxuntamente “a posta en valor e a maior difusión da relevancia da figura e valioso legado para o pensamento e identidade da Galicia contemporánea”.
Nesta liña, aplaudiu os traballos presentados nesta edición dos Premios Otero Pedrayo para “manter vixente entre a mocidade un dos piares do florecemento cultural e intelectual de Galicia e representante dunha xeración que soubo vincular o galeguismo coa defensa da cultura universal e co compromiso coa nosa terra”. Por iso, destacou a importancia de colaborar con este tipo de certames “que promoven o coñecemento das letras galegas e dos persoeiros máis destacados da nosa literatura”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último