Amencer celebra 40 anos de actividade xuvenil

A asociación xuvenil Amencer presentou as súas actividades para o novo curso

A asociación presentou ás actividades no colexio Salesianos.
A asociación presentou ás actividades no colexio Salesianos.

A Asociación Xuvenil Amencer presentou parte das actividades que desenvolverán durante o curso 2026-2027. Dende á asociación queren recalcar o carácter aberto de Amencer lembrando a figura do papa Francisco e a sua defensa da fraternidade universal (“tutti fratelli”) baixo o lema deste novo itinerario “Esta é a tua casa”. Xulio Iglesias, Xerente de Amencer, facía memoria dos case 40 anos da asociación: “O 17 de abril de 2027 faremos 40 anos, unha asociación xuvenil que dure tanto é moi potente. Abrir as portas levounos tempo pero as dificultades superase e seguiremos apostando por un tempo libre educativo, físico e de calidade”, lembraba Iglesias.

Neste curso, das actividades propostas, destacan o día do aniversario de Amencer, cando se sucederá unha gran celebración e peso por kilos, o xa tradicional evento solidario, o 26 de novembro. Iglesias bromeaba coa data desta celebración: “O 29 creo que hay eleccións. Nos estabamos antes. Pero bueno, dígovolo con familiaridade, estamos un pouco descolocados pero a nosa intención é facer este evento, inda non sabemos se manteremos a data pero en novembro seguro que vos convidamos”, explicaba o xerente quen aproveitou para reflexionar sobre os cambios que vé nos rapaces: “Agora saben moito máis que sabiamos nos. Pero emocionante non están tan preparados, as redes sociais, que so mostran o bo, fan estragos na autoestima dos mozos”, argumentou Iglesias.

Dende Amencer recalcan que os seus números moi positivos. En 2025 pasaron polas súas portas máis de 6.000 rapaces. O verán de 2026 tamén foi moi axitado xa que a campaña do pasado verán contou coa participación de máis de 1.700 nenos e nenas.

Contenido patrocinado

stats