Ana Vázquez: “Ourense vai ser a nena bonita de Feijóo, porque é onde el naceu”
ENTREVISTA
Ana Vázquez (Bande, 1975) volve encabezar a lista do PP ao Congreso pola provincia de Ourense nas eleccións xerais do 29 de novembro. Nunha lexislatura marcada pola tensión política e o debate sobre a seguridade e as infraestruturas, a candidata popular debulla as claves do seu programa e o impacto dun cambio de goberno para Ourense.
Pregunta. Cales son as tres prioridades coas que se compromete a ir ata o final?
O Goberno de Sánchez foi o peor para a nosa provincia. O que reivindicamos na oposición é o que agora trasladamos ao “contrato Feijóo”. As nosas prioridades son a autovía A-76 (Ourense-Ponferrada), paralizada desde 2018 con meros trámites administrativos; a A-56 con Lugo, bloqueada na Barrela; ou a variante exterior ferroviaria, xunto coa remodelación da estación. A porta de entrada do AVE a Galicia sofre un gran abandono. Temos a peor estación da comunidade. Necesitamos reactivar estes proxectos para vertebrar a provincia.
P. As infraestruturas e a comunicación son a gran eiva de Ourense?
Respuesta. Sen dúbida. O AVE chegou, pero non de maneira prioritaria coas dúas vías que corresponden. Necesitamos a variante exterior, que supón un investimento de máis de 300 millóns de euros hoxe paralizado. Ademais das autovías pendentes con Lugo e a falta de atención á comarca de Valdeorras, o Goberno central rexeitou solucións sinxelas, como os carrís de aceleración entre Ourense e Os Peares, que custaban menos de 5 millóns. Tamén é fundamental a drenaxe do río Barbaña e a construción da estación de mercadorías do polígono de San Cibrao das Viñas. Esta última é unha obra duns 22 millóns de euros, totalmente asumible, acordada na etapa de Rajoy e desbotada polo actual Executivo.
P. Como valora a nivel persoal esta última lexislatura?
R. Para nós foi a lexislatura da seguridade. Centrei boa parte do meu traballo nesta vertente, denunciando situacións como o peche de cuarteis. É inxusto que, dos case 60 cuarteis da provincia, só catro permanezan abertos as 24 horas. O desmantelamento da presenza policial incrementou a inseguridade tanto no rural de Ourense como no resto de España. A lexislatura remata cun preocupante aumento da violencia nas rúas e da delincuencia xuvenil. O noso obxectivo é reverter esta situación para que os cidadáns se sintan seguros vivan onde vivan.
P. Nun momento de tanta confrontación, o PP ten liñas vermellas á hora de acadar acordos?
R. A nosa única liña vermella é que nunca pactaremos con Bildu, cos herdeiros de ETA. Co resto de formacións estamos abertos ao diálogo. Non imos levantar muros de bos e malos para confrontar á sociedade, como fixo Sánchez. Queremos reconstruír España, unir o país e despolitizar institucións que foron colonizadas, como o poder xudicial, o CIS, o Tribunal de Contas ou a Fiscalía Xeral do Estado. Feijóo é unha persoa crible, un gran xestor que coñece os problemas de Ourense. Con el á fronte, a nosa provincia será unha prioridade e unha privilexiada fronte ao resto, porqueFeijóo xa coñece as nosas necesidades. Ourense vai ser a nena bonita de Feijóo, porque é onde el naceu. Na Xunta, Feijóo cumpriu os seus compromisos e axudou moitísimo a Ourense. Apostou pola autovía a Celanova, pola reforma dos centros de saúde, e polo enlace directo da A-52 ao polígono de San Cibrao. E deixou asinadas grandes infraestruturas estatais como a intermodal.
P. Hai semanas protagonizou unha polémica co spray pementa no Congreso para denunciar a inseguridade. Foi un erro?
R. Posiblemente, tería que repasar varias cousas. Pero os nenos non seus estuches levan ese spray. Quería pór en evidencia o abandono do Goberno que sofren as mulleres e os nenos de Ceuta, que están a vivir autoconfinados, teñen medo nas rúas tras sufrir unha invasión televisada ante a inacción do Goberno, que marchou de vacacións. Aquel xesto tamén serviu para sinalar como as agresións sexuais subiron un 246% nesta lexilstaura e a violencia de xénero un 74% nos últimos oito anos. O Ministerio de Igualdade só serviu para colocar cargos, sen protexer realmente ás mulleres.
P. Considera, por tanto, acertada a proposta de suprimir o Ministerio de Igualdade?
R. O importante é facer políticas eficaces, independentemente do nome do ministerio. O Ministerio de Vivenda non construíu ningunha casa en oito anos, pero a compravenda encareceuse un 64%, o alugueiro un 45%, e perdéronse 400.000 vivendas no mercado polas facilidades á ocupación ilegal. De nada serve ter un Ministerio de Igualdade cheo de altos cargos se as ferramentas fallan, se o sistema VioGén non se actualiza e se aproban leis que benefician os agresores sexuais. As mulleres protéxense reforzando as Forzas e Corpos de Seguridade dotando de máis medios aos xulgados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Martes, 27 de octubre
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Mis entrevistas a Gil Robles padre e hijo