ROMPIERON LOS CRISTALES
Roban dos casas en Vistahermosa en menos de 100 metros
ENTREVISTA
Pregunta. Cales son as tres prioridades coas que se compromete a ir ata o final?
Respuesta. O Goberno de Sánchez foi o peor para a nosa provincia. O que reivindicamos na oposición é o que agora trasladamos ao “contrato Feijóo”. As nosas prioridades son a autovía A-76 (Ourense-Ponferrada), paralizada desde 2018 con meros trámites administrativos; a A-56 con Lugo, bloqueada na Barrela; ou a variante exterior ferroviaria, xunto coa remodelación da estación. A porta de entrada do AVE a Galicia sofre un gran abandono. Temos a peor estación da comunidade. Necesitamos reactivar estes proxectos para vertebrar a provincia.
P. As infraestruturas e a comunicación son a gran eiva de Ourense?
R. Sen dúbida. O AVE chegou, pero non de maneira prioritaria coas dúas vías que corresponden. Necesitamos a variante exterior, que supón un investimento de máis de 300 millóns de euros hoxe paralizado. Ademais das autovías pendentes con Lugo e a falta de atención á comarca de Valdeorras, o Goberno central rexeitou solucións sinxelas, como os carrís de aceleración entre Ourense e Os Peares, que custaban menos de 5 millóns. Tamén é fundamental a drenaxe do río Barbaña e a construción da estación de mercadorías do polígono de San Cibrao das Viñas. Esta última é unha obra duns 22 millóns de euros, totalmente asumible, acordada na etapa de Rajoy e desbotada polo actual Executivo.
P. Como valora a nivel persoal esta última lexislatura?
R. Para nós foi a lexislatura da seguridade. Centrei boa parte do meu traballo nesta vertente, denunciando situacións como o peche de cuarteis. É inxusto que, dos case 60 cuarteis da provincia, só catro permanezan abertos as 24 horas. O desmantelamento da presenza policial incrementou a inseguridade tanto no rural de Ourense como no resto de España. A lexislatura remata cun preocupante aumento da violencia nas rúas e da delincuencia xuvenil. O noso obxectivo é reverter esta situación para que os cidadáns se sintan seguros vivan onde vivan.
P. Nun momento de tanta confrontación, o PP ten liñas vermellas á hora de acadar acordos?
R. A nosa única liña vermella é que nunca pactaremos con Bildu, cos herdeiros de ETA. Co resto de formacións estamos abertos ao diálogo. Non imos levantar muros de bos e malos para confrontar á sociedade, como fixo Sánchez. Queremos reconstruír España, unir o país e despolitizar institucións que foron colonizadas, como o poder xudicial, o CIS, o Tribunal de Contas ou a Fiscalía Xeral do Estado. Feijóo é unha persoa crible, un gran xestor que coñece os problemas de Ourense. Con el á fronte, a nosa provincia será unha prioridade e unha privilexiada fronte ao resto, porqueFeijóo xa coñece as nosas necesidades. Ourense vai ser a nena bonita de Feijóo, porque é onde el naceu. Na Xunta, Feijóo cumpriu os seus compromisos e axudou moitísimo a Ourense. Apostou pola autovía a Celanova, pola reforma dos centros de saúde, e polo enlace directo da A-52 ao polígono de San Cibrao. E deixou asinadas grandes infraestruturas estatais como a intermodal.
P. Hai semanas protagonizou unha polémica co espray pementa no Congreso para denunciar a inseguridade. Foi un erro?
R. Posiblemente, tería que repasar varias cousas. Pero os nenos non seus estuches levan ese espray. Quería pór en evidencia o abandono do Goberno que sofren as mulleres e os nenos de Ceuta, que están a vivir autoconfinados, teñen medo nas rúas tras sufrir unha invasión televisada ante a inacción do Goberno, que marchou de vacacións. Aquel xesto tamén serviu para sinalar como as agresións sexuais subiron un 246% nesta lexilstaura e a violencia de xénero un 74% nos últimos oito anos. O Ministerio de Igualdade só serviu para colocar cargos, sen protexer realmente ás mulleres.
P. Considera, por tanto, acertada a proposta de suprimir o Ministerio de Igualdade?
R. O importante é facer políticas eficaces, independentemente do nome do ministerio. O Ministerio de Vivenda non construíu ningunha casa en oito anos, pero a compravenda encareceuse un 64%, o alugueiro un 45%, e perdéronse 400.000 vivendas no mercado polas facilidades á ocupación ilegal. De nada serve ter un Ministerio de Igualdade cheo de altos cargos se as ferramentas fallan, se o sistema VioGén non se actualiza e se aproban leis que benefician os agresores sexuais. As mulleres protéxense reforzando as Forzas e Corpos de Seguridade dotando de máis medios aos xulgados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROMPIERON LOS CRISTALES
Roban dos casas en Vistahermosa en menos de 100 metros
ARTE E CONCIENCIA CLIMÁTICA
Un glaciar derrétese en directo na Sala Alterarte
VUELOS CANCELADOS
Estudiantes ourensanas, sin billete de vuelta desde Argentina
Lo último
FACILITAR EL RETORNO
Un pequeño concejo asturiano cede una vivienda a descendientes de emigrantes a Cuba