TRAUMATOLOGÍA DE ÉLITE
El doctor ourensano Manuel Leyes Vence, Premio Victoriano Reinoso 2026
NOSA SEÑORA DA ESPERANZA
A Residencia Nosa Señora da Esperanza de Ourense, integrada na Fundación San Rosendo, volveu demostrar que a idade non é un límite para a creatividade e o dinamismo. Dentro da súa estratexia de Envellecemento Activo, articulada a través do Proxecto Experiencia Activa, os seus residentes converteron a celebración do Samaín nunha produción cinematográfica a pequena escala recreando a emblemática escena da discoteca de vampiros da película Blade.
A actividade, planificada e executada de maneira conxunta por usuarios e profesionais, ten un obxectivo claro e terapéutico. A directora do centro, Aránzazu Crespo, explica que o esencial é manter aos maiores “activos”, cunha “ilusión cada día”, e romper coa rutina diaria. A inspiración en Blade adaptouse para ser “un pouco light, claro, nin tanto sangue nin violencia”, centrándose na participación e na diversión.
A preparación deste “Halloween de cine” non foi cousa dun día. A directora sinala que o traballo comezou na primeira quincena de setembro, involucrando a máis de 60 persoas en total. A implicación é máxima: os residentes non só son os actores, senón tamén os responsables do vestiario e a escenografía.
“O que facemos ten múltiples beneficios, non só a nivel pasatempos, algo lúdico para eles, senón a nivel psicomotriz porque eles foron os que fixeron os seus disfraces, recortaron, pelaron”, detalla Pablo Gómez, do equipo de Fisioterapia do centro, subliñando que se trata de facelos “partícipes nas actividades”.
Máis alá dos beneficios manuais e cognitivos, Pablo Gómez destaca os beneficios físicos, de xeito que os días de ensaio xeran movemento para os participantes, moitos dos cales presentan un “déficit de mobilidade bastante grande”.
Ademais do gran baile temático, un concurso de cabazas acendeu unha divertida e intensa rivalidade na residencia. A motivación é moi alta, pois o premio é a chave para a ilusión de decembro e será o gañador quen se encargue de premer o botón de acendido das luces de Nadal.
A directora recoñece que o desexo de apertar ese “botón máxico” xerou unha forte competencia e “piques” entre eles. “Este ano foi incrible porque nas visitas, tivemos que dicirlle que xa había suficientes cabazas e algúns repetiron porque queren gañar”. A residente María de los Ángeles confirma a intensidade da “competición” asegurando que quere ser ela quen acenda as luces de Nadal.
Para Andrea González, educadora social, estas festas son ferramentas educativas e terapéuticas. Explica que a actividade non é só a exhibición do día, senón un proceso que se remonta tempo atrás, coa elección do disfrace e a decoración. Este traballo continuado proporciona un valioso exercicio de memoria e ubicación temporal.
Andrea subliña a importancia de celebrar estas datas, especialmente o Samaín, que antes moitos coñecían máis como “un entroido” ou “a noite antes de Todos os Santos”. A celebración axuda aos residentes a “ubicarse no tempo e lembrar como celebraban as datas e como se celebra agora”, mantendo viva a conexión coa cultura e a súa propia historia.
Unha desas participantes é Dolores Faílde, que coa súa experiencia como “primeira tiple de zarzuela” na súa xuventude no Liceo, confesa non necesitar moito ensaio. Cando se lle pregunta polo tempo de preparación, responde con convicción: “Pouco. É que hai arte, non? A arte sae polos poros”, bromea. Dolores, quen traballaba no comercio familiar á vez que triunfaba nos escenarios, séntese “realizada” con estas actividades.
O sentimento máis palpable é, con todo, o de familia. “Estamos moi contentos, somos todos irmáns, levámonos moi ben e compartimos todo o que hai para todos. Querémonos moito”, explican.
Despois deste Blade tan especial, a Residencia Nosa Señora da Esperanza xa traballa no Magosto, que celebrarán o día 10, e no Nadal, que prometen “moitas sorpresas para gozar os que estamos e recordando aos que nos deixaron pero que van pertencer sempre a esta familia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRAUMATOLOGÍA DE ÉLITE
El doctor ourensano Manuel Leyes Vence, Premio Victoriano Reinoso 2026
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios
COLABORACIÓN CIUDADANA
Localizan al menor de 13 años desaparecido en Ourense
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)