As federacións de Comercio piden o desbloqueo da Praza de Abastos
COMERCIO
As patronais galega e ourensá, a través dos seus respectivos presidentes, José María Seijas e Beatriz Gómez, pediron que se retomen as negociacións que rachou unilateralmente o alcalde
Federación Galega de Comercio e Federación de Comercio de Ourense instaron a un “pronto acordo” entre a Xunta e o Concello para solucionar a situación dos comerciantes da Praza de Abastos número 1 da cidade, para pór fin “o antes posible” á situación de “incertidume” que están a vivir os praceiros e os clientes respecto ao traslado do mercado. As patronais galega e ourensá, a través dos seus respectivos presidentes, José María Seijas e Beatriz Gómez, pediron que se retomen as negociacións que rachou unilateralmente o alcalde para que o traslado se faga con “axilidade” e coas “garantías necesarias” para que a cidadanía poida desfrutar “canto antes” da Alameda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último