OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas
SANIDADE
Ourense/ Os estudantes de coidados auxiliares de enfermería iniciaron onte as súas prácticas no hospital universitario. Setenta e seis alumnos de distintos centros, entre os que se encontran o CIFP A Carballeira-Marcos Valcarcel, que oferta as modalidades de Adulto, Dual e Ordinario; o CPR San Martín; a Escola Santo Cristo de Ourense; e o Centro de FP Ilerna e EFA A Cancela de Pontevedra, completarán deste xeito os seus estudos de ciclo medio.
Ademais, once estudantes completarán a súa formación no Barco e outros trece alumnos, do IES García Barbón, no Hospital Público de Verín. A pasada semana, tamén se incorporaron once alumnos ao Hospital Público de Valdeorras, procedentes do IES Lauro Olmo. Tras rotar polos distintos servizos e unidades do hospital correspondente, poderán obter o título de técnico (TCAE).
Este amplo grupo de alumnos foi recibido a mañá de onte pola supervisora da Área de Formación, Esther Pérez Álvarez, e a coordinadora dos técnicos de Grao Medio, Montserrat Seijas Rodríguez, que deron a benvida aos estudantes ao que será o seu novo centro de traballo durante os próximos tres meses, ata decembro. Durante o período de prácticas, os alumnos pasarán polo menos por dúas unidades ou diferentes servizos e os departamentos que existen en cada un deles, co obxectivo principal de formar ao alumnado nas competencias necesarias para o bo desempeño das funcións que realizarán como TCAE.
Durante o seu período de formación, levarán a cabo diversas tarefas como poden ser o aseo, a mobilización dos pacientes en relación as súas patoloxías, a alimentación dos pacientes, coñecer síntomas ou signos de alarma, adquirir os conceptos avanzados en canto ás técnicas de traballo ou a educación familiar e comunitaria.
“Hace 20 años juré que no iba a volver a estudiar, pero mi padre enfermó y me dijo que me tenía que dedicar a esto”
Ademais, o estudantado tamén recibirá formación por parte da Unidade de Prevención de Riscos Laborais do Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública sobre prevención de riscos laborais, residuos, illamentos, colocación e retirada dos equipos de protección individual (EPIs) e a importancia da correcta hixiene de mans no persoal sanitario antes e despois do contacto co paciente ou nas súas tarefas habituais.
“Siempre me gustó el área sanitaria y ayudo en casa de mi abuelo con mi abuela, que sufre demencia”
Durante esta formación, os alumnos de ciclo recibirán coñecementos relativos a aspectos dixitais. As unidades administrativas do Servizo de Persoal no departamento do Expediente-e impartirán formación de como deben acceder aos seus expedientes electrónicos, os procedementos para a súa inclusión nas listas de contratación, como anexar os cursos e como realizar a actualización de méritos ou outra formación complementaria. En outubro incorporaranse alumnos do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último