RÉCORD HISTÓRICO
Los alquileres superan ya los 600 euros en la ciudad de Ourense
DEUDA DE 14 MILLÓNS
O BNG responsabilizou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, da “situación límite” na que se atopa o servizo de transporte público. Tras confirmarse que a débeda coa empresa concesionaria ascende a 14 millóns de euros, o portavoz e candidato nacionalista, Luís Seara, cualificou ao rexedor de “alcalde pufero” que mantén o Concello “empeñado até as orellas” e sumido nun “colapso económico sen precedentes”.
Seara lembrou que xa en 2024 o goberno local tivo que aboar máis de 16 millóns de euros a esta mesma compañía por débedas atrasadas, dos cales preto de dous millóns correspondían a xuros de mora, polo que considera que este novo burato millonario constitúe unha “auténtica sangría” froito da neglixencia e da mala xestión. Ademais, a formación nacionalista reivindicou que o tempo lles acabou dando a razón tras levar anos advertindo da existencia dunha “débeda oculta”.
Por outra banda, os nacionalistas cargaron contra a “nefasta xestión” de todo o proceso de licitación do novo contrato, advertindo de que o bloqueo condena a cidade a manter a concesión en precario, cos consecuentes sobrecustos económicos e a precariedade na prestación do servizo. Seara trasladou tamén o apoio do BNG aos traballadores do autobús, lamentando que, despois de anos de promesas incumpridas e cambios de liñas “esperpénticos”, agora o alcalde “xoga cos seus salarios”.
Finalmente, Seara esixiu solucións e sinalou a responsabilidade daqueles que, ao seu xuízo, “levan anos facilitando este xeito de gobernar absolutamente caótico e prexudicial para o Concello”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RÉCORD HISTÓRICO
Los alquileres superan ya los 600 euros en la ciudad de Ourense
29 EUROS EL BILLETE
El transporte metropolitano de Ourense choca con el muro económico
Lo último
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Cinco hombres y una mujer en la mesa
15.388 ARRENDAMIENTOS
El negocio del alquiler mueve en Ourense 70 millones de euros anuales