O BNG reclama á Xunta un novo estadio no Couto
SOLUCIONAR CARENCIAS
Consideran que se pode modificar o pxom para levantar un novo estadio nas traseiras do campo actual, que sería cidade deportiva
O BNG presentou onte unha proposta para construír un novo estadio de fútbol nos terreos situados trala actual bancada de fondo e transformar o recinto existente nunha cidade deportiva. Os nacionalistas recuperan así o proxecto presentado en 2019, co obxectivo de solucionar as carencias da instalación.
Luís Seara e Iago Tabarés compareceron tras a polémica polo estado do céspede, trala penosa imaxe amosada no partido de Copa do Rei e o traslado Vigo do partido benéfico contra os lumes. O BNG criticou a reforma executada pola Xunta hai tres anos, cun investimento de case tres millóns de euros, ao considerar que non solucionou problemas de accesibilidade, seguridade ou iluminación, e sinalaron que o terreo de xogo apenas se mantivo en boas condicións un ano.
A iniciativa que pide o BNG levaría aparellada unha modificación do PXOM para cualificar como solo dotacional os 10.000 metros cadrados propiedade da Xunta situados tras a bancada, onde se proxectan 1.000 vivendas. Segundo o Bloque, esta reordenación permitiría crear a cidade deportiva, habilitar un aparcadoiro disuasorio e desconxestionar o tráfico de Ervedelo prolongando a rúa Francisco de Moure cara á N-525. Os nacionalistas anunciaron que elevarán a proposta ao Concello e ao Parlamento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Alfonso Villagómez
Por qué el Supremo ha juzgado a Ábalos
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Fillos da máquina
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo