LUCHA CONTRA EL NARCOTRÁFICO
Los escondites favoritos de los narcos: la caja fuerte bajo el asiento del coche
DEFENSA DA REACREDITACIÓN
A reitora da Universidade de Vigo, Carmen García Mateo, e o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro, defenderon onte ante un comité avaliador externo no Edificio de Ferro a reacreditación do Campus Auga como campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia (SUG). O proceso durará dúas xornadas rematando hoxe venres.
Durante o período 2024-2026 o campus estivo ao abeiro deste proxecto. A intención é renovar a súa participación para o 2027-2030. As liñas desta renovación serán reforzar a empregabilidade do alumnado e impulsar a proxección, captación e internacionalización da oferta docente ademais de reforzar a oferta académica nas liñas de especialización e conseguir un modelo formativo máis flexible e innovador. Estas liñas de especialización do Campus Auga son tres: alimentación funcional, agricultura e medio ambiente e xestión da auga termal con tres áreas de soporte intelixencia artificial, lexislación agroalimentaria e ambiental e economía circular.
O secretario xeral de Universidades destacou o apoio da Xunta ao Campus ourensán, cun investimento de 11,8 M de euros dende 2013. Este investimento comenzou con 8,5 M de euros para as bases do proxecto de especialización. En 2024 o Campus Auga conseguiu a acreditación de especialización xunto cun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencias, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo que supuxo unha inversión de 3,2M de euros para o desenvolvemento de accións estratéxicas do Campus Auga.
Pola súa parte, a reitora subliñou a importancia de obter esta acreditación: “Conseguir esta reacreditación é importantísimo porque se consegue estabilidade para o Campus Auga, un campus de especialización cuxos beneficios redundan sobre todo o campus de Ourense”.
No ámbito da investigación o Campus Auga centrouse en aliñarse coas prioridades europeas, nacionais e coa RIS3, a estratexia de especialización intelixente de Galicia. Entre 2024 e 2025 a capacidade investigadora reforzouse 44 proxectos competitivos novos, ademais de publicacións e comunicacións en congresos o que supuxo unha captación de 6,8M de euros en financiamento. Nesta nova acreditación búscase mellorar a articulación das liñas de investigación cun mellor e maior uso das infraestruturas consolidando no campus ourensán un ecosistema de investigación especializado.
No eido da docencia aprobaranse novas titulacións vinculadas ás áreas de especialización, a formación docente e as taxas de empregabilidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LUCHA CONTRA EL NARCOTRÁFICO
Los escondites favoritos de los narcos: la caja fuerte bajo el asiento del coche
RECLAMAN MÁS ZONAS VERDES
La revegetación de Otero Pedrayo levanta críticas de los vecinos
JUEVES, 5 DE NOVIEMBRE
Las claves de Cruz Roja para combatir desastres, a debate en el Foro La Región
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
Agustín Ruiz es el elegido por la UD Ourense
La Región
TRIBUNA
Diez kilómetros de responsabilidad
UN CAMBIO DE CICLO
El godello duplica producción en una década en la comarca de Valdeorras
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Trump hace trampa en Oriente Medio y El Golfo