PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
AXUDAS Á INVESTIGACIÓN
A Vicerreitoría do Campus de Ourense ten abertas dúas convocatorias, dotadas cun total de 119.000 euros, para financiar proxectos de persoal investigador. A primeira das convocatorias, que xa conta cunha dilatada traxectoria, é a de axudas a grupos de investigación do campus de Ourense (Inou 2025), financiada con 59.000 euros (cun máximo de 5.900 euros por proxecto) pola Deputación de Ourense no marco do convenio anual asinado entre este órgano provincial e a UVigo. Os proxectos realizaranse de forma individual, cun ou dous investigadores ou investigadoras principais e un equipo de proporcional ás tarefas a realizar.
A segunda das convocatorias, que se realiza este ano por primeira vez, é a de Axudas a proxectos do persoal investigador na etapa de formación posdoutoral do campus de Ourense (Inou+PosDou Campus Auga 2025). Neste caso está dotada con 60.000 euros (cun máximo de 10.000 euros por proxecto) no marco do financiamento do convencio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga (2024-2027), o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia. Os proxectos tamén se realizarán de forma individual, cun investigador ou investigadora principal e un equipo de investigación proporcional coas tarefas a realizar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
Lo último
REXENERACIÓN AMBIENTAL
Transición Ecolóxica avanza na reforestación do monte ardido en Monterrei
David Alvarado
Bruxelas non pecha as tendas de Ourense
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 1 de octubre
MÁS DE 542.000
Las autorizaciones de arraigo aumentan un 54,7% en un año