LESIONES POR IMPRUDENCIA
Piden prisión para un empresario por un grave accidente laboral en Verín
FUNDACIÓN SAN ROSENDO
Chegadas directamente dende a tradición máis ancestral do outono, as castañas son en Ourense moito máis ca un alimento. Arredor delas constitúese todo un ritual de símbolos que se articula en forma de Magosto, unha das festas con maior raigame na comunidade. Nas residencias da Fundación San Rosendo, esta celebración transcende a mera tradición gastronómica para converterse nun espazo de encontro interxeracional, terapia da reminiscencia e, sobre todo, vivencias compartidas.
En distintos puntos da provincia, os centros da Fundación organizaron xornadas festivas coa participación activa dos residentes. Na residencia Virxe da Saleta de Cea, a educadora María González relata que o Magosto deste ano foi sinónimo de dinamismo lúdico. “Fixeron xogos, axudáronme a facer unha rá de cartón”, explica María, destacando a implicación dos maiores nunha competición amigable. “Gustoulles moito, fixeron un ranking a ver quen conseguía máis puntos e tamén xogaron ós bolos”. A clave do éxito foi o incentivo e a participación. “Foi un magosto moi especial porque participaron todos, sobre todo cando lles dixen que a recompensa eran caramelos”, bromea. A boa acollida foi tal que o desexo de seguir xogando transcendeu a xornada, levando aos residentes a querer “gardar a rá e poñer os xoves como día de xogos, porque o pasaron moi ben”.
Na residencia Santiago Apóstol de Vilamarín, a celebración do día 10 tamén fixo fincapé no traballo manual e a participación. A educadora Xeila Fernández confirma que “axudaron a pelar as castañas, que despois fixemos asadas e cocidas,” un labor que, xunto coa música e “algo de festa” creou un ambiente acolledor.
O Magosto non estaría completo sen a súa gastronomía. En Cea, o menú honrou a tradición con “puré de castañas, galletiñas de manteiga, carne ó caldeiro e merendaron café e bica”. E, por suposto, a retranca tamén participou da festa. “Todos bromeaban dicindo que había que beber viño porque as castañas non son o mesmo con auga”, conta María entre risas.
Porén, a conexión coa memoria foi o elemento unificador de ambas as celebracións. Tanto en Cea como en Vilamarín, as conversas arredor da castaña serviron de catalizador para a reminiscencia. En Cea compartiron unha animada charla con María onde os residentes compartiron as súas historias. As lembranzas ían desde a época de celebración, explicando que “antes celebrábano dende o día 1 de novembro”, ata as lendas populares, como a de que “as castañas no lume eran os espíritos estoupando”, unha crenza ligada ós tempos nos que aínda non existía o Halloween. O nivel de detalle nas súas narracións fíxose notar especialmente na parte gastronómica. “Pregunteilles que comían e dicían receitas enteiras, con tódolos ingredientes”, conta.
Esta viaxe ao pasado replicouse en Vilamarín. Xeila Fernández explica que o traballo de debullar as castañas desatou unha fonda lembranza dos costumes familiares. “Falan dos recordos de cando eran pequenos, contaban que na súa casa comíanas con leite, que a súa nai moíaas para facer fariña ou conxelábanas...”.
Son estes momentos os que atesouran o gran valor deste tipo de tradicións. As dúas educadoras coinciden no valor destas actividades porque, “con elas traballamos moito a reminiscencia porque lles fai lembrar as cousas de antes e iso gústalles moito”, afirma Xeila Fernández. Esta idea reforzase co testemuño de María González, quen subliña que, máis que as manualidades, o que máis lles agrada aos residentes é cando “nos xuntamos e contan como eran as cousas cando eran nenos e mozos”.
Rematado o ciclo do Magosto, os centros da Fundación San Rosendo miran xa cara ó inverno, coa axenda chea de novos proxectos. Mentres en Vilamarín están “empezando co Nadal,” en Cea xa teñen fixadas as seguintes datas importantes: “Agora estamos preparando o Nadal e tamén temos o 25N,” asegurando que o espírito participativo e comunitario se manteña vivo todo o ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LESIONES POR IMPRUDENCIA
Piden prisión para un empresario por un grave accidente laboral en Verín
SANTO TOMÁS DE AQUINO
La UVigo entrega más de 200 premios al esfuerzo
Lo último
AVE DEL PUEBLO
Una lavandeira decidió vivir con los barquenses
COLABORACIÓN CIUDADANA
Verín trabaja en el dispositivo para disfrutar de un Entroido “seguro y divertido”
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Enero aborrascado