Cecilia, de Cartelle, cumpre 101 anos: “Traballar duro toda a vida e comer sa foi a chave da miña lonxevidade”
MULLER CENTENARIA
Cecilia Armada Hermida naceu en Cartelle o 22 de novembro de 1925. A centenaria lembra episodios nacionais que as novas xeracións estudan nos libros de historia. A guerra civil, a transición á democracia, a coroación de Juan Carlos I ou, incluso, os últimos anos do reinado de Alfonso XIII, son algunhas das súas vivencias. Nos últimos anos incorporou WhatsApp ao seu tempo de ocio, que tamén enche coa lectura, outra das súas paixóns. A centenaria usa a aplicación a diario para manterse en contacto cos seus netos e bisnetos.
Pregunta. Como foi a súa infancia?
Respuesta. Contáronme que era unha nena moi alegre. Eu estaba alí, non o vou saber (ri). O meu padriño foi quen me bautizou como Cecilia, pola patroa da música. A miña familia adoitaba dicir que o nome víñame “que nin pintado”. Unha memoria moi bonita que teño da miña nai era que todos os anos, en Noiteboa, preparaba unha sobremesa moi rica. Agora, na súa honra, esta mesma receita cociñámola miña filla Isabel e mais eu. A miña nai axudou moito na miña vida. Coidou aos meus fillos cando eu non podía.
P. Cal é a chave da lonxevidade?
R. Comer san e traballar duro. Non é ningún segredo. Comer de xeito saudable significa comer da casa, o que é próximo. En Cartelle, houbo moitas centenarias coma min. Eu son a última.
P. Que é traballar duro?
R. Cando eu tiña dez anos chegou a guerra e o campo quedou sen homes que o traballasen. Fixémolo as mulleres dende moi cedo. Na casa criabamos porcos e matabamos polos e coellos. Comíamos do que había na casa, que era o que se facía. Traballar duro tamén é iso.
P. Como foi vivir a posguerra?
R. Dicíase naquela época que ter unha filla non era unha alegría. Pensábase que as mulleres sempre atoparon o mal e non podemos traballar. Pero na posguerra tivemos que traballar o campo as mulleres. Nesa época tivemos que traballar moi duro meu irmán Alfredo e máis eu. Cortabamos madeira xuntos para ter leña, cos serróns que lle chamaban tronzadores. Eu cortaba dun lado e él do outro. Despois bebiamos batidos de viño con ovos. Foi o que tivemos ao noso alcance, senón non aguantaba o traballo que fixen. Este pensamento xa non está no pobo, grazas a Deus. Xa era hora tamén. Tempo era que as mulleres alzaran a voz.
P. Nos seus 101 anos. Que foi o que máis cambiou?
R. Moitas cousas: A luz eléctrica, antes tiñamos que acender o gas cun misto e iluminar a casa con candil ou a tecnoloxía. Antes era moito menos normal estar conectado. Na vila tiñamos unha radio para moitos. Escoitabamos as noticias do mundo, música ou as radionovelas todos xuntos. Agora, cos teléfonos, podemos elixir o que queremos escoitar. O que máis me gusta do meu é poder falar por WhatsApp cos meus netos e bisnetos. A familia é o tesouro máis grande que recibín na miña vida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 26 de noviembre
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
El sanchismo contra Felipe
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Un voto motivado