Ciencia e humanidade nas Xornadas de Enfermaría
Dez obradoiros actuaron como preludio das sesións que continúan este xoves
A área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras recuperou onte as súas Xornadas de Enfermaría, con dez obradoiros que se desenvolveron nos tres hospitais públicos. Baixo a premisa “Integrando ciencia e humanidade”, esta iniciativa pretende dar voz a ámbitos como a investigación, a incorporación de novas tecnoloxías, a ética ou os pacientes como “unha posta en valor do traballo coral que o sector desenvolve todos os días para dar unha atención de calidade”. Así o define Esther Pérez Álvarez, supervisora da área de Formación, como parte importante do comité organizador.
Profesionais de toda a contorna puideron achegarse na primeira das xornadas para formar parte do “quentamento” para o día grande, que será este xoves. Obradoiros de solo pelviano, de vendaxe neuromuscular ou de manexo do parto e urxencias extrahospitalarias actuaron como preludio dunha xornada “moi completa na que ampliaranse algunhas das temáticas que protagonizaron os obradoiros previos”.
Integrar a tecnoloxía
“Non podemos ser alleos a como se están desenvolvendo as cousas a nivel social e global”, apunta Pérez Álvarez en relación ao lema escollido para as xornadas deste ano: “Integrando ciencia e humanidade”. A implantación da tecnoloxía no ámbito sanitario convértese nunha grande aliada que xa forma parte do traballo diario de centros como os da provincia, “pero é importante saber integrala coa finalidade e co obxectivo que realmente temos como profesión, que é o coidado do paciente”. Cuestión que se abordará ao longo desta tarde na segunda parte dunhas xornadas que poñen o foco na escoita activa dos pacientes e nos desafíos éticos que supón esa nova tecnoloxía.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECONOCIMIENTO A LA TRAYECTORIA
Javier Gutiérrez, Calpurnia de Honra do OUFF: “Más que elegir papeles, ahora tengo la suerte de poder decir que no”
LUCES, CÁMARA E ACCIÓN
Arranca a 31 edición do OUFF cunha gala musical, humor e moito cine
Lo último
PLAN DE CHOQUE ECONÓMICO
El PP exige al Gobierno IVA al 0% para el pescado y más ayudas al gasóleo
SOCIEDAD CIVIL ESPAÑOLA
PP y Vox secundan una marcha en Madrid para exigir elecciones y juzgar a Sánchez por traición
RECLAMAN PRESUNCIÓN DE INOCENCIA
La Policía defiende su actuación en el desahucio de Maricarmen: "Nos limitamos a cumplir una orden judicial"