RECONOCIMIENTO A UNA TRAYECTORIA
Los Suaves, distinguidos el Premio Honorífico de los XIII Premios Martín Códax de la Música
10 DÍAS
Unha nova edición do Ourense Film Festival levarase a cabo na cidade entre o próximo 26 de setembro e o 5 de outubro. Durante eses dez días, a cidade das Burgas convertirase no epicentro da arte cinematográfica, coa realización de proxeccións, encontros, talleres e diversas actividades paralelas que se levarán a cabo entre os cines Ponte Vella, o centro cultural Marcos Valcárcel, o Teatro Principal, o Auditorio Municipal, o cineclube Padre Feijoo e o Liceo.
Ademáis de servir de punto de encontro de cineastas, espectadores e profesionais do sector audiovisual. Nesta edición, número trinta, o OUFF presenta 22 curtametraxes de orixe galego, nacional e internacional, na súa Sección Oficial Curtametraxes. A través da creación deste grupo, o festival recupera a exhibición de curtrametraxes internacionais. Recibíronse cerca de mil producións de diversos países como España, Arxentina, Brasil, Irán, Italia ou Francia, que foron os que máis obras enviaron.
O Ourense Film Festival celebra unha edición máis contando coa tradicional Sección Oficial Curtametraxes. Este ano céntranse especialmente na recuperación da proxección de curtametraxes internacionais.
A programación divídese en tres bloques, dunha duración aproximada de 90 minutos, que incluén unha variedade de producións galegas, españolas e internacionais. Ademáis , a temática e variada e realízase unha especial énfase nas cuestións sociais. As curtametraxes de produción galega, as cales representa aproximadamente un 30% do total das producións, competirán polo premio á Mellor Curtametraxe na Sección Panorama Galicia. Pola súa banda, as internacionais optarán ao galardón de Mellor Curtametraxe na Sección Oficial Internacional. Entre as obras presentes na Sección Oficial Curtametraxes destacan obras como Land of the Dead Deer, de Anahita Qarcheh e Soroush Javadzadeh, Donde revientan las luciérnagas, de Miguel Ángel Papalini, Gallina, de Ana Arza o Adiós, de Álvaro G.Company & Mario Hernández, entre otras moitas pezas.
Recibíronse máis de 950 curtametraxes do mundo, da selección final resultaron obras procedentes de España, Irán, Arxentina, Italia, Bulgaria, Alemaña, Brasil, Paraguai, Australia e Francia. A intención deste festival é atraer á cidade o mellor cine independente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECONOCIMIENTO A UNA TRAYECTORIA
Los Suaves, distinguidos el Premio Honorífico de los XIII Premios Martín Códax de la Música
PROYECTO MULTIUSOS DE 25 MILLONES
El BNG apuesta por una "cidade deportiva" y un nuevo estadio en O Couto
Lo último
"ACCIDENTE LABORAL"
Las asociaciones de la Guardia Civil estallan contra Montero
VISITA DE TRUMP A CHINA
La tregua de la guerra en Irán, en un punto crítico mientras siguen los contactos
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Cadaquén, da súa casa
36,6% CAMBIARÍAN DE EMPRESA
El 75,6% de los españoles está insatisfecho con su salario