"Club Kid" coróase como a mellor película internacional do OUFF
EN CINES O 4 DE DECEMBRO
O filme "Club Kid" culmina en Ourense un percorrido que xa pasara por Cannes, San Sebastián e Deauville antes da súa estrea comercial o próximo decembro
Como peche a festa do cinema que foi a gala de clausura do OUFF, entregouse a Calpurnia á Mellor Película da Sección Oficial Internacional para “Club Kid”, do estadounidense Jordan Firstman. O galardón foi entregado por Ana Alvargonzález, presidenta do xurado.
A competición internacional reuniu este ano dez longametraxes, fronte ás doce da edición anterior, e elevou ata o 70% a presenza de estreas nacionais. A selección contou con títulos e autores con percorrido por festivais como Cannes, Berlín, Venecia, Sundance ou Tribeca, e cada película dispuxo de catro pases ao longo do certame.
“Club Kid”, debut de Firstman na dirección dunha longametraxe, chegou á cidade cunha importante traxectoria previa. A película estreouse mundialmente na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes, pasou pola sección Perlak no Festival de San Sebastián e conquistou en Deauville o Gran Premio e o Premio do Público. Protagonizada polo propio Firstman xunto a Cara Delevingne e Diego Calva, a cinta estrearase nos cinemas españois o vindeiro 4 de decembro.
O premio reforza ademais a vocación do OUFF como escaparate para o cinema internacional contemporáneo e consolida a sección como un dos eixos principais da programación competitiva do festival ourensán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 5 de octubre
0,76 EN EL CONTROL DE ALCOHOLEMIA
Vídeo | Álex Sola, jugador del Almería, estampa un coche borracho y lo abandona en el medio de la calle
PORTEROS DESTACADOS
Un empate que sabe a poco para el Ourense CF (0-0)