PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
Educación
Este xoves deu comezo o curso 2025-2026 do Programa de Maiores do Campus de Ourense, que aínda está en período de matrícula. Este proxecto está destinado á promoción da ciencia e a cultura nas persoas de maior idade, teñan ou non titulación. É una maneira de incentivar as relacións interxeracionais, así como contribuír o enriquecemento humano e cultural, proporcionando as ferramentas precisas para garantir a formación ao longo de toda a vida e o desenvolvemento persoal e social dos maiores.
O programa, que está subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade, pretende mellorar a calidade de vida do alumnado. Deste xeito facilítase o acceso a ensinanzas do ámbito universitario e así adquirir coñecementos de tipo científico e cultural, fomentar a súa participación na sociedade actual, permitirlles unha progresiva e sinxela incorporación aos cambios que xorden na actualidade, impulsar a súa presenza como dinamizadores do seu propio contexto socio-cultural, ofrecerlles unha proposta real para as relacións intra e interxeracionais.
A presentación comezou cunha charla inaugural, baixo o título “Certificados Dixitales e DNI electrónico, cómo me axudan no meu día a día? A conferencia foi impartida por Diego Cid Merino, CEO de Cqu-Solutions, empresa recoñecida co premio ”Empresa Ética” polos logros acadados no campo da Enxeñaría Informática en España. A clase inaugural realizase no marco dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiados pola Unión Europea (Next Generation), como parte da posta en marcha do CyverCampUvigo, froito dun acordo de colaboración asinado entre o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e a UVigo. A benvida estivo a cargo de Arno Formella, director da Escola Superior de Enxeñería Informática e a coordinadora do programa, Alma Gómez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
Lo último
REXENERACIÓN AMBIENTAL
Transición Ecolóxica avanza na reforestación do monte ardido en Monterrei
David Alvarado
Bruxelas non pecha as tendas de Ourense
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 1 de octubre
MÁS DE 542.000
Las autorizaciones de arraigo aumentan un 54,7% en un año