DOS OPERACIONES SUSPENDIDAS
El quirófano de Verín encadena cancelaciones por la presencia de insectos
CURSO DE TECNOLOXÍA
A área de benestar social do Concello de Verín vén de abrir o prazo de inscrición para o curso de internet e telefonía móbil dirixido a persoas maiores, dentro do proxecto Sabedoría Activa.
Esta iniciativa, que se celebra por tercer ano consecutivo, busca achegar as novas tecnoloxías á veciñanza de idade máis avanzada, co fin de reducir a fenda dixital e facilitar o acceso á información, á socialización e ás xestións cotiás.
Os participantes aprenderán sobre o uso básico dun smartphone, incluída a realización de chamadas, mensaxes, fotos e vídeos, así como a acceder a internet con el e outras aplicacións útiles.
As clases terán lugar na aula CeMIT os mércores, xoves e venres, de 16,30 a 18,00 horas, e comezarán en vindeiras datas.
O curso está organizado pola Oficina de Xuventude e Consumo, e para inscribirse basta con acudir á Oficina Municipal de Información ao Consumidor, situada no 1º andar da Casa da Xuventude, ou chamar ao 988 414 776.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DOS OPERACIONES SUSPENDIDAS
El quirófano de Verín encadena cancelaciones por la presencia de insectos
HELICÓPTEROS Y PASAMONTAÑAS
La falsificación vuelve a poner en alerta a Xinzo y Verín: "Outra vez pola roupa?"
Lo último