PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
UNIVERSIDADE
Ourense/ Tras o regreso dos estudantes universitarios as clases o pasado luns, as aulas comenzan a encharse e volver á rutina de xeito progresivo. Ademais, a axenda de actividades tamén comeza a programar citas de interese para os alumnos da Universidade de Vigo. Unha deles celebrouse na mañá de onte na Escola Superior de Enxeñaría Informática, que foi testemuña das xornadas “Computación Cuántica: Presente ou Futuro?”, xestionada por Google Developer Group Ourense, Rubén Fernández, Manuel Alonso, Lorena Otero e Javier Pérez (membros da Universidade de Vigo); Cesáreo González (Viewnext), Brais Fontán (CTAG) e David Asensio, co apoio desta escola.
A organización do evento presentou esta actividade como “unha ocasión incomparable para explorar a vasta e enigmática esfera do fascinante ámbito da computación cuántica e as súas aplicacións potenciais, que poderían revolucionar a tecnoloxía tal e como a coñecemos”. As xornadas tamén ofreceron a oportunidade de participar en debates interactivos e talleres prácticos, coa intención de fomentar a aprendizaxe e a colaboración.
Os asistentes ascenderon a un centenar, maioritariamente alumnado dos graos de Enxeñaría Informática e Intelixencia Artificial que se imparten na Escola Superior de Enxeñaría Informática, pero tamén alumnado de posgrao, profesionais e outras persoas interesadas no sector cuántico.
A cita desenvolveuse en horario de mañá e tarde, e foi levada a cabo por Javier Mas Solé, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador do programa TalentQ do proxecto Quantum Spain, e David Olivieri, profesor da Universidade de Vigo. Ao inicio participou Arno Formella, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática, e membros da organización da actividade.
A sesión comezou cunha introdución aos principios básicos da programación cuántica, continuou cunha análise do estado da arte do hardware cuántico e sesións de aprendizaxe automática cuántica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
Lo último
TRADICIÓN Y CIENCIA
La alimentación, clave para los centenarios
PRODUCTOS GALLEGOS
La bica de Viana do Bolo cruza fronteras y llega hasta Italia
Manuel Baltar
Desastres naturales
APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense