Concurso de La Región: A arte de elixir tamén se fixo valer nos maios
FESTA DOS MAIOS
Levar adiante o concurso de La Región pola Festa dos Maios supuxo desafiar a choiva. Pero este pasado domingo, os catro xuíces: Ana Méndez, Natalia González, José María Eguileta e Lalo Pavón, cumpriron plenamente coa súa responsabilidade.
Para o xurado de La Región darse á tarefa de escoller maios e coplas non foi unha decisión que se tomase á lixeira ante a calidade das propostas de asociacións culturais, colexios e particulares.
Tras máis de dúas horas de análise, avaliación minuciosa dos maios e escoita atenta das coplas, e en xusta e natural lide logo dunha deliberación con choiva polo medio, os triunfadores da xornada foron desvelándose nas súas respectivas categorías.
O recoñecemento ao Maio Artístico recaeu na Agrupación Rato de Biblioteca, que recibiu un vale de 1.000 euros en Leroy Merlin e outro de 1.000 euros en Coren Grill.
Pola súa banda, o Colexio Sagrado Corazón de Celanova alzouse co premio ao Maio Tradicional, obtendo un vale de 700 euros en Bermello, mentres que a Anpa Ceip Inmaculada de Ourense gañou na categoría de Maio Creativo, sendo tamén galardoada cun vale de 700 euros en Bermello.
No apartado musical, os alumnos de sexto de primaria do Ceip As Mercedes fixéronse co premio á Mellor Copla Infantil, logrando un vale de 200 euros en Tanco e outro de 500 euros en Grupo Cuevas.
En canto á categoría de adultos, a Agrupación Cultural Auriense foi a gañadora da Mellor Copla, recibindo vales de 500 euros tanto en Grupo Cuevas como en Bermello.
Finalmente, o Premio Especial de La Región ao mellor maio da xornada, que foi parar ás mans da Asociación Cultural Os Lolailos, quen recibiron 1.000 euros en metálico pola súa proposta, e fixeron pública a súa disposición de doar a metade do premio para destinalo á beneficencia.
O espírito da Festa dos Maios, máis alá do abundante verde, tamén personifica outra tradición arraigada en Ourense: a solidariedade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EN VERÍN, POR LA A-52
Un conductor serbio viajaba por Ourense con 1,3 millones en cocaína
GRANDES TENEDORES DE OURENSE
Doscientos ourensanos tienen en propiedad diez viviendas o más
INCENDIOS EN OURENSE
Vandalismo nocturno: a juicio la oleada de fuegos en el Macizo Central