AFECTADOS POR LA BORRASCA
Frutas y verduras escasearon en algunos supermercados en Ourense
TRIBUTO AO CUCO DE VELLE
Cucomanía. Eso foi o que se sentiu onte en Velle na concentración na honra da figura Claudio González Añel, o iniguableable Cuco de Velle.
Neste segundo homenaxe celebrado no Bar Marta Pato, onde tantas veces actuou O Cuco, cantouse todo o repertorio da súa charanga, explicáronse as intrahistorias das súas cancións e contáronse anécdotas, entre vellos amigos, familiares, veciños, músicos e admiradores da súa obra artística.
O tributo, que estivo conducido polo músico Xurxo Souto, contou con gran representación de artistas, entre os que estiveron o Trío Motobomba, Xan e Toniño, de Treixadura, Tino Vázquez, de A Roda, ou Ico Rafael, encargado de contar a maioría das variopintas orixes dos temas do Cuco, ademais de Aníbal Asenjo, quen fora acordeonista co homenaxeado.
Fíxose unha viaxe a través da súa obra desde “O Paraugas do Xosé” ata “Préstame Mil Pesetas”, recentemente sacado á palestra, contando as historias non tan coñecidas.
As pescudas de Ico Rafael resultaron en descubrimentos magníficos. “A xente de Ourense tanto o ‘Paraugas do Xosé’ como o ‘San Benitiño’ sentímolos como temas moi propios pero teñen moita máis intrahistoria”, relatou. No primeiro caso, viuse unha posible orixe en Cuba, pero concluiuse que foi interpretado a partir dun disco de Paquito Jerez, de Úbeda.
En canto a “San Benitiño” a investigación foi moito máis alá. “Tony Dallara, un cantante italiano, así destes romanticóns dos anos 60, cantou no Sanremo unha canción coa que non gañou, chamada Norma Mía, co que o Cuco fixo unha obra de arte metendo o ai la-la”, explicou Ico, que resaltou que “dunha marabilla fuxo un tema excepcional”.
“O Cuco é moito máis que a emoción da canción, a orixe é excepcional”, destacou Xurxo Souto que puxo en valor á figura do artista a nivel histórico: “A súa revolución tan grande cambiou a música galega”.
En escena tamén apareceu o sobriño do Cuco, que interpretou e bailou “Préstame Mil Pesetas”, tema que descubriu ao público nesta gala fai un ano. Ademais puxo en valor ao seu tío como “un home sen amor ao diñeiro, por eso se fixo tan famoso”.
O próximo tributo de Cucomanía será o próximo verán, no recién recuperado “Baile do Comunista” de Maceda, onde moitas festas provocou o gran Cuco de Velle.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AFECTADOS POR LA BORRASCA
Frutas y verduras escasearon en algunos supermercados en Ourense
ROCK EN GALLEGO
Historias de rock en gallego: un libro para ser escuchado
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XIII)
Una magnífica historia del franquismo
CAMPUS DE OURENSE
La UVigo unirá en máster humanidades y tecnología
Lo último
ENTROIDO EN OURENSE
“A Rinchona” se estrenó de blanco en Xunqueira de Ambía
Lalo Pavón
O AFIADOR
O oficio e a dignidade
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Más allá del toque