A Deputación homenaxea ás mulleres escritoras

“8M, mes a mes”

A Deputación de Ourense homenaxea este mes de maio a Inma Soto, creadora de “Xela, a superheroína de aldea”

Inma Soto, autora de “Xela, a superheroína de aldea”.
Inma Soto, autora de “Xela, a superheroína de aldea”.

“A tinta feminina da conciencia” é o lema seleccionado pola Deputación para a súa campaña “8M, mes a mes”, personalizada neste mes de maio baixo a figura de Imna Soto, a creadora de “Xela, a superheroína de aldea”. A ourensana, quen deu vida a un referente para moitas nenas, Xela, unha rapaza espelida, creativa e divertida que defende o rural e o galego, visibiliza agora ás mulleres escritoras e á sabedoría e sensibilidade que lles permite espertar conciencias entre as súas lectoras.

Vinculada tamén ao Día das Letras Galegas, a iniciativa da Deputación elixiu nesta ocasión a unha contadora de historias, educadora ambiental e grande admiradora da natureza propia para recibir un recoñecemento que a converte na imaxe do poder feminino.

Identidade cultural

A obra de Inma Soto parte dunha motivación vital que a leva a escribir a unha figura na que as crianzas poidan sentirse identificadas. Os seus contos sensibilizan na protección e respecto polo medio ambiente, e contribúen na divulgación sobre o patrimonio galego. Un dos xeitos “máis fermosos” para comunicarse. Así define a súa escrita quen transcende a simple narrativa para se converter nun vibrante manifesto, que defende con paixón a conexión entre a identidade cultural e a vida no rural. A través da súa literatura, fai un recordatorio das raíces e un chamamento a valorar e preservar todo aquelo que define o sentir dun pobo.

Contenido patrocinado

stats