A Deputación recoñece o labor de Carmen Eiró

FISCAL SUPERIOR DE GALICIA

A institución recoñece a súa traxectoria profesional e a súa vinculación coa provincia, onde comezou a súa carreira con destinos no Barco de Valdeorras e no Carballiño

Carmen Eiró en una imagen de archivo.
Carmen Eiró en una imagen de archivo. | La Región

A Deputación de Ourense dedica a entrega de novembro do seu programa “8M, mes a mes” á ourensá Carmen Eiró Bouza, fiscal superior de Galicia desde novembro de 2025 e primeira muller en ocupar este cargo. A institución recoñece a súa traxectoria profesional e a súa vinculación coa provincia, onde comezou a súa carreira con destinos no Barco de Valdeorras e no Carballiño.

Eiró desenvolveu a súa actividade en materias como medio ambiente, urbanismo e protección de menores. En 2005 asumiu responsabilidades provinciais relacionadas co patrimonio histórico, os incendios forestais e a protección da fauna e da flora. Catro anos despois incorporou as funcións de fiscal de Menores. En 2020 foi nomeada fiscal delegada autonómica de Medio Ambiente e Urbanismo.

Con este recoñecemento, a área de Igualdade da Deputación, dirixida por Teresa Barge, tamén destaca o importante traballo da Fiscalía contra a violencia de xénero, a prevención de novas agresións machistas e a defensa dos dereitos de todas as vítimas.

Contenido patrocinado

stats