SABOR A TRADICIÓN
Galería | Las rosquillas protagonizan la fiesta de San Lázaro
ÍNSUA DOS POETAS
Preto de 380 escolares de nove centros educativos da comarca do Carballiño e como invitados especiais este ano do CPI de Castro Caldelas participaron na Celebración da Poesía, da Árbore e da Auga, actividade organizada pola Fundación Ínsua dos Poetas, no predio do mesmo nome ubicado na Esgueva de Madarnás.
A figura de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao centrou a actividade nesta edición do 2025, Ano Castelao declarado polo Parlamento e a Xunta de Galicia. Os escolares enxalzaron con recitales, cantos, música e pequenas recreacións teatrais a vida e obra do que foi “a figura máis importante de Galicia do século XX”, segundo destacou o presidente da fundación, Luis González Tosar.
Os alumnos dos centros IES N° 1, IES Chamoso Lamas, CPR Sagrado Corazón, CPR Vila do Arenteiro e CEIP Calvo Sotelo, todos eles do Carballiño, xunto co CEIP de Boborás, CEIP do Irixo, o CEIP de San Cristovo de Cea, CEIP de Maside e o CPI de Castro Caldelas presentaron as súas creacións no escenario da Insua dos Poetas, onde posteriormente, axudados por os profesores, axentes forestais e operarios, procederon a plantar 20 árbores, a maioría castiñeiros e carballos, nesta paraxe onde a natureza se funde coa cultura a través das actividades que alí se desenvolven ao longo do ano e coa ampla exposición de esculturas e pinturas que alí se mostran ao público.
González Tosar agradecía a asistencia e o esforzo levado a cabo polos centros educativos referíndose tamén ao que supón dispor dun espazo destas características ao aire libre; ao mesmo tempo que instaba aos escolares a falar en tódolos momentos da vida en galego porque a “nosa lingua é a esencia, a alma de Galicia, que é a nosa terra”.
Manuel Dacal, representando ao Concello do Carballiño xunto con outros concelleiros, daba a benvida aos asistentes; tamén estivo a alcaldesa do Irixo, Rosa María Dalama; e representando á Deputación provincial de Ourense, Marcos Vázquez, quen reiterou o compromiso da institución coa Insua dos Poetas; mentres que pola Xunta de Galicia asistiu a xefa territorial de Cultura, Sandra Quintas, que animaba aos rapaces a disfrutar da poesía e a seguir o legado de Castelao.
Os escolares, ademais de disfrutar dunha xornada única dedicada á natureza e a cultura, tamén recibiron como agasallo lotes de libros, donados pola Fundación.
Esta iniciativa, que destaca Tosar como a primeira presentada na provincia para honrar a Castelao e difundir a súa obra, contou co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Deputación e Concello do Carballiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SABOR A TRADICIÓN
Galería | Las rosquillas protagonizan la fiesta de San Lázaro
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas
Lo último
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 22 de marzo
BORRASCA THERESE
Ourense registra este domingo la temperatura máxima de España