Estudios Abertos fronte a unha “incompetencia”

24 E 26 DE OUTUBRO

Máis de 30 artistas abren os seus talleres ante o peche dos museos

Parte dos artistas participantes na segunda edición de Estudios Abertos.
Parte dos artistas participantes na segunda edición de Estudios Abertos. | Xesús Fariñas

Ourense ten artistas e ten museos. Sen embargo, estes últimos levan tempo pechados por decisión do goberno municipal. Para paliar o baleiro cultural que existe na cidade, os creadores ourensáns volven unir as súas forzas para celebrar a segunda edición da iniciativa Estudios Abertos. Entre o 24 e 26 de outubro 19 talleres abrirán as súas portas para expor os traballos de máis de 30 artistas. A cita presentouse onte diante do museo municipal pechado “por incompetencia municipal”, así o califican os propios creadores.

“Isto é unha feira de arte que está descentralizada, na que os espazos son os talleres dos propios artistas, nos que vamos poder ver obra pero non como se ve nun museo”, explicou Tomás Lijó, representante de A Maquinadora, asociación organizadora, que destaca que se vai a poder ver a obra rematada, en proceso e mesmo aqueles traballos descartados polos artistas.

A maioría dos estudos están repartidos pola cidade, porén tamén se poderán visitar outros en Allariz, Bobadela, Taboadela, Esgos, Xunqueira de Espadanedo ou Bande. Para os que non teñan medios para achegarse ata eles hai organizadas rutas de autobús, para as que hai que cubrir un formulario na web de Estudios Abertos -é gratuito, pero existe límite de prazas-.

Participarán creadores de todo tipo que traballan con distintos materiais. Algúns repiten con boas expectativas. “O ano pasado foi bestial, foi unha cantidade a xente que se moveu por ali, este ano esperamos máis”, apunta un dos artistas. Hai tamén quen participa por primeira vez, é o caso de Ehlaba Carballo de Dios, quen recibirá ilusionada aos ourensáns no seu estudo de Xunqueira.

Contenido patrocinado

stats