TEMPERATURAS SUPERIORES A 50º
El martirio de dar un paseo ante la falta de zonas verdes en Ourense
OURENSE FILM FESTIVAL
Logo dunha semana de produción e convivencia, o Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a presentación dos proxectos participantes en Faíscas, a residencia audiovisual que formaba parte do OUFF. Os equipos presentaron os traballos que estiveron a gravar durante esta semana na cidade, compartindo as súas experiencias, aprendizaxes e as historias que deron forma ás súas creacións audiovisuais, nun acto cheo de emoción e de talento novo.
Pola súa parte, o director artístico do festival, Óscar Doviso, foi o encargado de valorar a actividade e de “dar os parabéns a tódolos equipos, cada un contou a súa historia. A competencia non é o importante” destacando o compromiso dos participantes neste “xogo de aprendizaxe”. Tomás Lijó, coordinador da actividade, sinalou que foi moi bonito “ver como traballastes e o entusiasmo que puxestes”, asegurando que nestes casos, “o resultado é o de menos”.
Así, o traballo gañador, dos tres participantes, foi “Rúa Nosa”. Andrea Varela, representante do equipo, definiu o proxecto como unha curta con tres protagonistas, tres mulleres que intentan renomear as rúas de Ourense con nomes de mulleres esquecidas: unha historia ficticia feita a partir dunha investigación de Calpurnia Abana.
Mentres o segundo premio foi para “Anoitecer”. Segundo explicou Rodrigo Chapela Calo, o último dos proxectos é un falso documental que narra as vivencias dun músico marcado polo fracaso, amosando o seu día a día e os seus esforzos por comercializar unha música que apenas logra aceptación.
O outro proxecto creado recibiu o nome de “Lúa de Sangue”, unha curta que narra a historia de dous protagonistas, entre os cales destaca unha meiga que vive infiltrada na sociedade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último