PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
“Reflexiones en el último milenio”
O articulista, exprofesor e político Gonzalo Iglesias Sueiro presenta este xoves no Centro Cultural Marcos Valcarcel, a partir das 20,00 horas, o seu libro “Reflexiones en el último milenio”. Trátase dunha obra na que recompila un total de 170 artigos publicados entre os anos 2011 e 2024 en La Región, onde escribe dende o ano 2002. Neses textos expón o seu pensamento, así como a súa visión crítica e reflexiva sobre a sociedade actual. “Presento os meus pensamentos, as miñas vivencias e o meu compromiso coa política e a educación”, sinala o escritor.
Este libro, co que da continuidade a “Reflexións” -publicado en 2010-, Sueiro ordena os artigos en torno a oito capítulos temáticos: Medio Ambiente, Familia, Educación, Sociedade, Política, Filosofía e Relixión e Historia e Viaxes. “Trato de darlle un fío condutor a todo o que fun vivindo e escribindo”, explica. Garda historias coas que se pode percibir a evolución da sociedade e política do último século. Con todo, garda un cariño espacial a parte na que fala da súa infancia. “Hai artigos nos que lembro a época na que ía a aldea cos meus avós, que logo determinou quen fun como persoa”, asegura Sueiro.
Durante o encontro cos seus lectores tratará temas da actualidade máis recente como o acordo de paz que se ven de firmar en Gaza. “Levo falando de Palestina dende 2002, é o lugar onde máis sangue se verteu”, sinala, facendo reconto dos máis de 20 artigos que lle adicou ao conflicto o cal asegura coñecer en profundidade.
Así, agarda que sexa unha presentación especial, porque “presentar o traballo dun sempre o é”, pero ademáis o articulista asegura estar nun momento da vida moi emocional.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
Lo último
REXENERACIÓN AMBIENTAL
Transición Ecolóxica avanza na reforestación do monte ardido en Monterrei
David Alvarado
Bruxelas non pecha as tendas de Ourense
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 1 de octubre
MÁS DE 542.000
Las autorizaciones de arraigo aumentan un 54,7% en un año