CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
A influencer de Ourense María Prado Rúa utilizou as súas redes sociais para denunciar publicamente a violenta agresión física que sufriu a noite do mércores ao xoves en Santiago de Compostela. Un home descoñecido abordouna na rúa coa intención de arrastrala a unha zona escura, asegura.
"Forcexeamos, tentou tirarme pero non o conseguiu. Deume un ostión na cara, pero non me tumbou", relatou a moza, quen mostra na súa conta arañazos e moratóns provocados no altercado. Nun momento crítico, o agresor intentou armarse: "O tipo quería coller unha pedra e baterme con ela, menos mal que lla pisei". Os berros de auxilio de María alertaron os veciños, que saíron de inmediato e lograron escorrentar ao atacante, quen chegou a ameazalos de morte antes de fuxir.
Máis alá do susto, Prado amosou unha profunda impotencia polas limitacións legais do seu caso: ao non haber tocamentos íntimos nin ser o agresor a súa parella, non se catalogou como violencia sexual nin de xénero. "Resultado? Nin o poden deter. Pero que mundo nos queda?", lamentou.
A pesar de todo, a influencer amosouse firme, combativa e moi agradecida coa reacción veciñal. Sobre o seu estado, asegura que "estou ben, quedoume algún arañazo e algún moratón do forcexeo. Prefiro que me tivese pasado a min e non a outra persoa". Malia todo, admite que o suceso non cambiará á súa maneira de actuar: "Quero seguir volvendo a miña casa á hora que me saia da cona. Eu xa vos digo que non achanto nin pa deus".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
LUCHA CONTRA EL CÁNCER
David Aramburu, del Campus de Ourense a la vanguardia oncológica de Nueva York
DÍA DE TODOS LOS SANTOS
Galería | Los ourensanos acuden a los cementerios para visitar a sus seres queridos
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
ELECCIONES PRESIDENCIALES
Iliana Yotova se convierte en la primera mujer elegida presidenta de Bulgaria
Benito Iglesias
¡El brutal coste de la incompetencia!