Kid Mount, artista ourensano: “Ourense non é moi forte en organizar festivais ou eventos”

MÚSICA URBANA

Kid Mount (Xinzo de Limia, 2004), é un dos nomes máis prometedores da puxante escena de música urbana en galego. Hai unhas semanas, lanzou o seu novo traballo “Perreo paradiso”.

Kid Mount, artista ourensano.
Kid Mount, artista ourensano.

Kid Mount (Xinzo de Limia, 2004), é un dos nomes máis prometedores da puxante escena de música urbana en galego. Hai unhas semanas, lanzou o seu novo traballo “Perreo paradiso”.

Pregunta. Comezou improvisando rap con amigos. Cando se volveu un proxecto?

Respuesta. Foi algo que saíu por pura inercia, polas ganas que tiña e polo moito que me gustaba a música. Empecei a facer temas e máis temas, así un pouco soltos. E cando fun a Santiago, no primeiro ano de carreira, foi cando pensei en facer o primeiro disco.

P. E que queda daquel primeiro Kid Mount?

R. Creo que segue intacta a esencia. Por exemplo, o feito de cantar sempre en galego, nun momento no que igual era máis habitual facelo en castelán. Ademais, nunca mirei demasiado por cantar en normativo, senón como me saían as cousas, facelo como se fala na miña zona. Evidentemente madurei e agora todo está mellor desenvolvido.

P. Dende Ourense costa máis que se che escoite?

R. A ver, Ourense non é unha provincia especialmente forte a nivel de organizar festivais ou eventos. Non hai tanta infraestrutura que empurre os proxectos, como pode haber noutras zonas. Iso tamén se nota.

P. Por que decide facer música en galego?

R. O día que me puxen a escribir pensei que se falo e penso en galego, por que non ía escribir tamén. Quería que fose o máis real posible. Tamén é certo que o tipo de música que fago non estaba moi cuberto, e iso influíu para cubrir un lugar. Pero, sobre todo, é porque é a miña lingua.

P. Notou prexuízos?

R. Si, ao principio bastante, non se adoitaba facer música urbana en galego. Agora está guai, pero cando empecei moita xente dicíame que en castelán chegaría a bastante máis xente. Era algo máis raro.

P. O seu novo traballo, “Perreo Paradiso”, mira cara o regatón máis clásico.

R. Sempre me gustou moitísimo ese reggaetón. Ademais, creo que era un nicho que non estaba cuberto, ese son máis de festa, de bar. O ano pasado fixen un tema así e vin que funcionaba.

P. Nas súas cancións hai unha idea do amor complexa.

R. Intento tratar o amor desde un punto máis humano. Non só o amor romántico, senón tamén o amor propio, aos amigos, á festa… Todo. Ao final todos somos persoas, cometemos erros e temos contradicións.

P. Vése moita colaboración entre os artistas da vosa escena. Hai compañeirismo real?

R. Totalmente. Eu creo que esta “nova ola” está xurdindo precisamente por iso. Fomos facendo amigos de maneira natural, xuntándonos e colaborando. Se un dá un concerto para mil persoas, estamos alí. Pero se é para vinte, tamén. Non hai egos nin envexas.

P. Chega tarde Galicia á música urbana?

R. Non sei se é que chegamos tarde. Creo que hai un proceso distinto, tamén ligado á normalización da lingua. Agora xa é máis natural que alguén que non fala galego escoite música en galego. Antes non tanto.

Contenido patrocinado

stats