NORMATIVA PASO A PASO
Pesca de la trucha en Ourense: Ríos abiertos, cuotas y permisos para 2026
ANO OTERIANO
Este venres, 10 de abril, cumpríronse 50 anos do falecemento de don Ramón Otero Pedrayo. Para conmemorar a data, a Fundación que leva o nome do insigne escritor organizou en Santiago de Compostela unhas xornadas para lembrar o seu legado, enmarcardas dentro do Ano Oteriano.
No salón de actos do Pazo de San Roque déronse cita múltiples personalidades relacionadas coa cultura galega. Entre eles estaba o conselleiro de Cultura, Lingua e xuventude, José López Campos, o presidente da Fundación Ramón Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, o debuxante e ensaísta Siro López, a quen se lle dedica este ano o Día da Ilustración, a do historiador Ramón Villares, o expresidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, o divulgador Manuel Gago, ou da filóloga Patricia Arias, entre outros especialistas no seu legado.
O representante do Goberno galego sinalou estas xornada como “data clave que dá orixe á efeméride” que se conmemora neste 2026, enmarcándoas dentro da “completa, diversa e excelsa programación prevista, que estará á altura da relevancia do homenaxeado”. López Campos resaltou que o Patriarca das Letras “despuntou pola súa brillantez, altos coñecementos e un importante contribución á construción dunha Galicia, que a longo deste ano vai manter acesa a súa vixencia cun recoñecemento institucional amplo e transversal”.
Ao longo da tarde, Dolores Vilavedra Fernández, directora da Cátedra Otero Pedrayo da USC, e María López Sández, profesora da USC, deron dúas conferencias sobre a literatura de Otero Pedrayo e a súa relación coa paisaxe. Hoxe continuarán as xornadas dete Abril Oteriano, no paraninfo da facultade de Xeografía e Historia da USC, onde don Ramón pronunciou a súa ultima conferencia: a primeira en galego trala guerra civil. Ademais, farase entrega do II Premio Otero Pedrayo de relato breve e haberá unha actuación da coral De Ruada.
A maiores destes actos, o Consello da Cultura Galega (CCG) publicou na rede novo material do escritor ourensán. Liberou seis rexistros sonoros inéditos preservados no Arquivo Sonoro de Galicia, que recollen intervencións do autor durante a viaxe que realizou a Bos Aires en 1959. Son conferencias nas Xornadas Patrióticas Galegas, organizadas pola colectividade emigrante e que apareceron como resposta á necesidade de dotar o 25 de xullo dun contido que excedese o mero feito relixioso, explica a institución cultural.
“Foron crecendo en prestixio ata converterse nun acontecemento sen parangón entre as colectividades estranxeiras radicadas no país”, destaca o CCG. Por iso, as gravacións, que conservan unicamente a voz de Otero Pedrayo, constitúen un testemuño sonoro da súa oratoria, do seu pensamento e do seu compromiso coa cultura galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PARALIZADO EL TRÁFICO AÉREO
Cierra el aeropuerto de Múnich, el segundo más grande de Alemania, tras el avistamiento de drones
"AULAS SEN FUME"
Os cativos de Xinzo de Limia, contra o fume