LOTERÍA DE NAVIDAD
El Gordo, el 79432

Lois López, un carniceiro influencer entre coitelos e redes sociais

INNOVACIÓN DIXITAL, CERCANÍA DE SEMPRE

Ourense conta cun influencer que mestura a tradición da carnicería de barrio co engagement dos vídeos verticais en redes sociais nunha rompedora idea de negocio que cumpriu seis anos

Entrevista a Lois, de Carnicería dePueblo | La Región

Calquera pensaría que o feito de abrir a porta dun local e escoitar One More Time de Daft Punk é máis propio dun plan ás cinco da madrugada no casco vello que das doce do mediodía nunha carnicería de barrio. Pero hai unha persoa en Ourense que pensa que iso pode cambiar.

Cercanía, bo trato e coñecemento do produto son tres claves forxadas tras moitos anos que definen aos profesionais carniceiros. Malia todo, mentres que uns manteñen a relación de sempre, hai outros que, sen deixar atrás o trato habitual, amplían a milleiros de persoas o seu traballo a través das redes sociais.

É o caso de Lois López, dono e “influencer” da carnicería dePueblo. Un oficio herdado dos seu pais e avós, que fixeron que se namorase deste sector. “É un negocio moi viable” asegura tras o éxito dunha empresa que rompeu barreras.

A Carnicería dePueblo, con Lois á cabeza, cumpriu 6 anos aberta en Ourense.
A Carnicería dePueblo, con Lois á cabeza, cumpriu 6 anos aberta en Ourense. | Iago Cortón

Unha marca máis que unha carnicería

Nada máis entrar sorprende o atuendo co que este particular carniceiro nos recibe. Pequenos elementos sobre un fondo branco que resumen a esencia de dePueblo. “O que intentamos é crear unha marca e reflectir algo diferente. Por iso temos o papel dálmata, todo coidado visualmente, para que cando vexas algo en branco e negro, penses en nós”, admite.

Detalles da indumentaria dos carniceiros de dePueblo.
Detalles da indumentaria dos carniceiros de dePueblo. | Iago Cortón

Ademáis dos coitelos, se algo se lle da ben ao protagonista son as cámaras. O seu perfil de Instagram, no que é protagonista, suma máis de 11.000 afeccionados das súas receitas, recomendacións e chistes. Lois publica regularmente vídeos do seu traballo e tamén de colaboración con outras carnicerías tamén moi coñecidas nas redes.

O inicio foi unha sorpresa para os amigos e familiares de Lois. Este carniceiro recorda que non lle dixo “a ninguén” que ía emprender este camino, no que foi a primeira pedra de ser diferente aos demáis: “Cando deixei o meu traballo e empecei este proxecto dende cero, decidí anunciarme de maneira diferente. Naquel momento, Facebook era o máis forte, así que comezamos por ahí, sen dicir nin que era unha carnicería. Xogamos un pouco coa intriga, e parece que funcionou”.

Ir ao fútbol, a un concerto… e á carnicería

“Vivimos nunha era onde parece que se non compartes algo, non o vives”, asegura Lois. E hai quen acude a mercar a dePueblo coma unha experiencia máis, tamén empurrado polo ambiente musical que xera con esta playlist.

Así, é doado atopalos en perfís personais dos seus clientes, que presumen da súa compra en redes sociais: “parece que agora a carnicería también forma parte disto, porque hai clientes que comparten historias en Instagram mencionándonos”, añade.

O trato co cliente: a cercanía non se negocia

Con decenas de miles de seguidores nos seus perfís, para esta carnicería as redes sociais “nos axudan a achegarnos a moitas persoas diferentes”, e aportan unha nova experiencia, visitar o local antes de entrar.

“O cliente ve os nosos vídeos, ve o ambiente que temos... Cando chega, xa se sente coma na casa”, argumenta Lois. Iso sí, unha vez dentro, a cercanía dunha carnicería de sempre non se negocia: “As grandes superficies nunca poderán ofrecer o trato que damos nós. O volume de clientes e de empregados é moi diferente. Nós coñecemos aos clientes, facemos bromas, sabemos os seus gustos, é diferente”, remata.

A cercanía dunha carnicería de barrio é un indispensable para Lois.
A cercanía dunha carnicería de barrio é un indispensable para Lois. | Iago Cortón

Ademáis, son una parte clave nas ventas e na “impresionante rotación”: “Cada día entra alguén novo que nos coñeceu a través das redes sociais”, conta o carniceiro, quen sorprende co público ao que lle chegan as súas publicación: “Hai persoas maiores que non usan redes sociais, coñécennos polos seus netos. Moitas veces escoitamos: "A miña neta díxome que viñese probar as vosas hamburguesas””, conta entusiasmado.

As redes sociais, aplicables a outros negocios tradicionais?

En canto ao papel das redes sociais no pequeno comercio, Lois considera que máis negocios deberían sumarse a esta estratexia: "O pequeno comercio debería unirse máis, facer campañas conxuntas e remar na mesma dirección".

E é que as colaboración que antes facíanse entre dous futbolistas, dous cantantes ou dous actores, agora se fan entre dous carniceiros. Tanto é así que unha recente colaboración de dePueblo con outro influencer do sector, El As de las Carnes, sumou máis de 100.000 visualizacións de curiosos que descubriron cómo cortar un lomo de boi cunha acha. Está claro que hai un público para todo.

Pode alguén “odiar” a un carniceiro? Malia a cercanía e simpatía que transmite, Lois, coma todo influencer, non se libra dos haters: “métense conmigo porque non falo un galego perfecto, pero eu falo un galego de pueblo”, comenta.

Avanzar retrocedendo

A conclusión á que se pode chegar é que dePueblo é máis que unha carnicería de Ourense. O propio dono admite que están explorando “novos horizontes” e que xa comparten outros proxectos, coma un servizo de coaching e rebranding a otras carnicerías, coma se dunha start-up se tratase.

O que poucos contaban era que o propio estabecemento convertírase en todo un pub de tardeo, pero Lois volveu sorprender. No mes de xaneiro, polo seu 6º aniversario, un DJ, cervexas, refrescos e moita música transformaron a rúa Reza nunha praza dos viños. “A xente quedou encantada. Se non fora por non molestar aos veciños, repetiríao cada venres”, admite entre risas.

O traballo de este carniceiro “de pueblo” (concretamente de San Clodio, en Leiro), traspasou límites que non sospeitaría cando arrancou este proxecto, pero cuxa esencia mantén intacta baixo o seu lema"avanzar retrocedendo". E é que Lois será capaz de aproveitar as ferramentas máis modernas para compartir a súa pasión pola carnicería, pero sempre “sen esquecer o valor do trato próximo e da tradición”.

Contenido patrocinado

stats