PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
A Asociación Xuvenil Amencer inaugura hoxe a exposición fotográfica “Feminae, o Mundo en Feminino”. Unha mostra composta por 33 fotografías que foron capturadas ao longo dos cinco continentes. 28 países que deixaron a súa pegada a través da lente do fotógrafo e realizador documental, Alfons Rodríguez.
Co obxectivo de mostrar unha mirada honesta e comprometida cunha muller que se empodera día a día, que loita por abrirse camiño e que non desfalece, o autor recolle diferentes tomas nas que tamén deixa espazo para amosar a outra cara da feminidade. Unha muller que tamén sofre, ama, odia e perde oportunidades, pero que se enfronta ao seu futuro coa dignidade e forza que so elas teñen.
Amencer abrirá as portas desta exposición aos escolares ourensáns, que poderán desfrutar do traballo de carácter social e antropolóxico de Rodríguez en diversas xornadas matutinas, mañá e o venres. Así, os máis pequenos achegaranse ás miradas, xestos e accións das mulleres participantes, nun espazo no que o autor intenta amosar a fortaleza e determinación que sentiu en cada unha das protagonistas das fotografías.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 1 de octubre
SEGUNDO TRIMESTRE
La deuda de Galicia supera el umbral de los 13.000 millones