MERCA NO TEU COMERCIO
Los comercios de O Couto sortean hasta 1.000 euros entre sus clientes
ENTREVISTA
Pregunta. Como vai o proxecto de viviendas en Cambedo da Raia?
Respuesta. Vai moi ben, a bo ritmo. Esta mesma semana estivemos coñecendo de primeira man o grao de execución destas 64 vivendas que a Xunta está a construír. Xa está feita toda a estrutura exterior dos catro bloques e comezan a traballar no interior. Vai todo segundo o previsto, polo tanto previsiblemente estean rematadas a finais deste mesmo ano 2026. Os trámites administrativos e de alta dos servizos seguramente farán que teñamos que esperar ata o primeiro trimestre ou semestre de 2027 para entregalas, pero pronto teremos 64 novos inquilinos inscritos no rexistro de demandantes da cidade.
P. Nos catro bloques, que hai dentro? Haberá locais comerciais?
R. Locais comerciais en principio non están previstos. Son 64 vivendas -16 en cada un dos bloques- de dous, tres e catro dormitorios. O que faremos cando fagamos o sorteo é establecer cupos en función da composición da unidade familiar. Estas vivendas serán adxudicadas en réxime de alugueiro cunha reserva do 40 % para menores de 36 anos. Son vivendas amplas, moi luminosas, cunhas vistas envexables, zonas verdes e cualificación enerxética A. Apenas fará falta utilizar a calefacción, o cal é moi importante para o medio ambiente e para o peto dos futuros inquilinos.
P. Cal é o investimento do proxecto?
R. O importe de adxudicación son 13 millóns de euros, dos cales 3 millóns son de fondos europeos e 10, da Xunta. Esa achega europea fai que teñan que destinarse exclusivamente ao alugueiro. É unha mágoa que non poidamos ter máis solo onde poder seguir a construír; dende logo, se temos máis solo, seguiremos construíndo.
P. En Ourense hai outro proxecto pendente: o Escorial-Vinteún
R. Si, somos conscientes de que hai que incrementar o número de vivendas, e non só desde a Xunta. Temos que dar exemplo, pero tamén incentivar a construción de vivenda protexida. O sector dinos que a día de hoxe non hai solo urbano cos servizos suficientes, por iso puxemos en marcha esta estratexia pioneira e única en España. Desde o público, estamos a habilitar solo para poder construír en colaboración público-privada. En Ourense temos ese Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Escorial-Vinteún, para 1.400 vivendas protexidas, con zonas verdes e equipamentos. Xa está aprobado inicialmente e aprobarémolo definitivamente este ano para licitar a urbanización en 2027.
P. Para desenvolver o PIA foi imprescindible a colaboración co sector privado. Hai sintonía?
R. A colaboración co sector é total. Temos o Pacto de Vivenda de Galicia 26-30 aprobado por unanimidade de todo o sector: construtores, promotores, arquitectos, axentes da propiedade, consumidores, cooperativistas e concellos. As políticas de vivenda teñen que adoptarse dende o diálogo, o consenso e a escoita, se non, non funcionarían.
P. A falta de vivenda de alugueiro e as dificultades para edificar polo PXOM son un problema complexo.
R. Tiñamos claro que había que duplicar as vivendas de promoción pública ata 2028 e habilitar solo, pero tamén fixar estratexias que desburocratizasen. A normativa estatal é moi complexa, polo que modificamos normativa, facilitamos a conversión de baixos en vivenda e creamos a figura do PIA residencial para os concellos. Ademais, incrementamos a edificabilidade, temos axudas para mobilizar vivenda baleira mediante seguros de impago e ofrecemos préstamos a interese cero aos concellos para que rehabiliten e constrúan vivenda. Sempre dende o incentivo e non dende a prohibición.
P. Como está a relación co Concello de Ourense para o desenvolvemento destes proxectos?
R. Para delimitar os ámbitos deses proxectos contamos, por suposto, coa conformidade do Concello. Evidentemente non actuamos ás costas de ningunha administración. Gustaríanos que en calquera momento, se o alcalde quere, veña connosco a visitar as obras de Cambedo da Raia. Estaremos encantados. É certo que aquí a colaboración non é que sexa mala, é que non existe realmente, pero dende aquí fago un chamamento ao alcalde. En calquera momento podemos sentar e falar do que sexa, porque dende o público temos que pensar na cidadanía.
P. Como funciona o Rexistro de Demandantes?
R. É a ferramenta que temos dende hai décadas para acceder a unha vivenda pública ou protexida. Estar inscrito é sinxelo: non podes ter outra vivenda en propiedade e tes que estar empadroado ou traballar na cidade na que solicitas. Acabamos de incrementar os límites máximos de ingresos. Por exemplo, unha parella con tres fillos pode ter ata 4.200 euros brutos ao mes, e unha parella cun fillo, 3.200. Queremos que moitos máis galegos poidan acceder.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MERCA NO TEU COMERCIO
Los comercios de O Couto sortean hasta 1.000 euros entre sus clientes
FORMACIÓN PERMANENTE
Casi un millar de ourensanos siguen asistiendo a clase pasados los 50 años
INFECCIÓN MENINGOCÓCICA INVASORA
Sanidade pone en marcha el protocolo de epidemias por el caso de meningitis mortal de una niña en Ourense
Lo último
86.000 SOLDADOS EN EUROPA
EEUU retirará 5.000 de sus soldados de Alemania en plena revisión de su presencia militar en Europa
"ME GUSTA TERMINAR EL TRABAJO"
Trump apunta que EEUU podría tomar el control de Cuba "casi de inmediato"