A mostra AMAL trae ao OUFF as historias do pobo palestino
FESTIVAL DE CINE
O ciclo estará formado por cinco pezas e a maioría das proxeccións serán en sesión matutina
Un ano máis, a mostra de cinema itinerante AMAL en Ruta chegará ata o Ourense Film Festival (OUFF), no marco da programación do 30 aniversario desta cita, para aproximar aos espectadores do certame ás distintas realidades da sociedade árabe, en especial, daqueles grupos que se atopan en zonas de conflito, como o pobo palestino.
A situación actual que vive Gaza é, de feito, protagonista do ciclo que este ano se presenta baixo o lema “Existir é resistir”.
En total, serán cinco os títulos que pasen polo OUFF -que este ano se celebra entre o 26 de setembro ao 5 de outubro-, catro longametraxes e un documental, todo eles representativos do mellor cinema euroárabe actual. “The Old Oak”, do recoñecido director Ken Loach, inaugurará o ciclo no Teatro Principal, mentres que as demais películas poderán verse no Cineclube Padre Feijoo en sesións matutinas, como unha nova aposta do OUFF por levar as proxeccións a outras franxas horarias. “The teacher” (Palestina, 2023), “Inshallah Walad” (Xordania, Francia, Exipto, 2023), “Bye Bye Tiberias” (Palestina, Bélxica, Qatar, Francia, 2023) e “To a land unknown” (Grecia, Reino Unido, Palestina, 2024), son os filmes que completan o ciclo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"TODO NUESTRO CORAZÓN Y ESFUERZO"
Una pequeña pastelería de Ourense anuncia su cierre y sus clientes se vuelcan: "Lo hemos intentado hasta el final"
Lo último