Oito academias de cinema fortalecen os seus vínculos no OUFF
O IX Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península serviu para trazar plans que impulsen o audiovisual ibérico
As Academias de Cine de Galicia, Andalucía, Aragón, Asturias, Cataluña, Extremadura, Valencia e Portugal déronse cita en Ourense no marco do Ourense Film Festival (OUFF). Representantes destas organizacións reuníronse no centro cultural Marcos Valcárcel para reforzar lazos e presentar os novos espazos distinguidos como Lugares de Interese Cinematográfico (LIC) -pode ser un escenario de rodaxe, un lugar con valor histórico ou simbólico para o audiovisual, ou un destino popular grazas á súa aparición en películas-.
Carmen Méndez, vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual, foi a encargada de inaugurar este IX Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península. Animou aos presentes a “xuntar esforzos, identificar desafíos comúns e traballar conxuntamente para desenvolver estratexias que fortalezan a nosa visibilidade”.
Na mesma liña interviu Pablo Troncoso, presidente da Academia Portuguesa de Cinema, que manifestou o seu desexo de explorar novas iniciativas para reforzar a colaboración entre academias, co fin de lograr resultados máis potentes que axuden a situar cada vez máis arriba o panorama audiovisual da península.
Escenarios de cinema
Durante a primeira xornada deste encontro, que continuará hoxe, cada unha das academias presentou os novos espazos distinguidos como LIC. Laxe, en A Coruña, é o lugar elexido proposto pola Academia Galega do Audiovisual. Os outros lugares destacados son: a Alhambra de Granada, a Rambla de Barrachina (Aragón), A Conca Minera (Asturias), Hospital del Tórax (Cataluña), Mérida, Serra da Estrela (Portugal) e a Cidade das Artes e das Ciencias (Valencia).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA MUNDIAL DE LA SALUD
Un pinchazo simple pero crucial: AURIA sale a las calles de Ourense para concienciar sobre salud
Lo último