PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
OURENSE FILM FESTIVAL
O Ourense Film Festival (OUFF) participa no roteiro “Elas, produtoras executivas” que, organizado por AGAPI co patrocinio da Deputación de Ourense, percorrerá os centros de ensino secundaria da provincia para aumentar o interese no feminismo entre o alumnado e dar visibilidade ás produtoras executivas galegas.
Para Candela López, responsable da Área de Contorna Segura do festival, esta actividade “é un punto de inflexión fundamental na visibilización do empoderamento feminino e no recoñecemento do traballo, o talento e a creatividade das mulleres produtoras de cine. Grazas a iniciativas como esta, ábrense camiños para que reciban a atención e o valor que merecen dentro da industria audiovisual”.
Cada parada deste roteiro constará da proxección do documental “Elas, produtoras executivas”, unha peza na que se pon en valor o traballo das produtoras executivas contado en primeira persoa por elas mesmas, cun alto valor simbólico ao poder ser un referente para espertar vocacións entre a mocidade. E, ao remate, terá lugar un espazo de debate feminista, moderado pola xornalista Mónica V. Lopo, con algunhas das protagonistas do documental, no que falarán sobre as súas experiencias, a súa traxectoria e así como dos seus plans de futuro.
O roteiro pola provincia de Ourense dará comezo o vindeiro 10 de xuño, no IES Xermán Ancoechea de Trives, e as convidadas para este primeiro debate serán Candela López, como representante do OUFF, e a produtora Rosa Taboada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
Lo último
REXENERACIÓN AMBIENTAL
Transición Ecolóxica avanza na reforestación do monte ardido en Monterrei
David Alvarado
Bruxelas non pecha as tendas de Ourense
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 1 de octubre
MÁS DE 542.000
Las autorizaciones de arraigo aumentan un 54,7% en un año