O OUFF baixa o pano tras dez días de cine na cidade de Ourense

72 PELÍCULAS E 23 NACIONALIDADES

O OUFF pecha a súa 31ª edición con 72 películas de 23 nacionalidades e coas dúas grandes triunfadoras do festival, “Kiro” e “Club Kid”, como protagonistas da última xornada

Asistentes á gala de clausura do Ourense Film Festival este sábado.
Asistentes á gala de clausura do Ourense Film Festival este sábado. | Xesús Fariñas

O OUFF baixou onte o pano da súa 31ª edición tras dez días de cine repartido por distintos espazos da cidade. A última xornada permitiu volver ver as dúas grandes triunfadoras do certame: “Kiro”, de María Yáñez, gañadora de Panorama Galicia, e “Club Kid”, de Jordan Firstman, Calpurnia á mellor película da Sección Oficial Internacional.

O documental de Yáñez, que recupera a figura de Ana Kiro a través de diferentes persoas que a seguiron, a admiraron ou mesmo renegaron dela, seguirá o seu camiño despois do festival. Tras a súa estrea mundial e o seu paso polo OUFF, a seguinte parada do filme será o In-Edit Barcelona, onde competirá na Sección Oficial Nacional. Alí terá a súa estrea en Cataluña o 3 de novembro e un segundo pase ao día seguinte, antes de chegar aos cinemas o próximo 11 de decembro.

72 películas

O festival pecha así unha edición onde se puideron ver 72 títulos de 23 nacionalidades diferentes, entre a competición internacional, Panorama Galicia, curtametraxes, Inédito, Colleita, Agarimo, Made in OU e outros ciclos. Exposicións, galas, estreas, roteiros, coloquios, concertos e homenaxes completaron unha programación que atraeu durante dez días a milleiros de ourensáns e visitantes de fóra da cidade.

Contenido patrocinado

stats