ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un motorista resulta herido tras chocar con un coche en Marcelo Macías
FESTIVAL DE CINE
Ourense/A trixésima edición do OUFF (Ourense Film Festival), que terá lugar entre o 26 de setembro e o 5 de outubro, desenvolverase entre numerosas novidades, títulos procedentes de diversas zonas do mundo e coa música como prato forte durante todo o certame. A falta de publicarse a programación definitiva da edición número trinta do OUFF, xa se coñecen algunhas das obras da Sección Oficial Internacional 2025. O festival seleccionou títulos procedentes de lugares como Irán, Arxentina, Taiwán ou Portugal.
“Un simple accidente”, de Jafar Pahani, un filme procedente de Irán e recente gañador da Palma de Ouro en Cannes 2025. Tamén se proxectará “Entroncamento”, de Pedro Cabeleira, unha película portuguesa que terá a súa estrea estatal no certame ourensán. Completan esta primeira selección as películas “Extranjera”, de Michelle Malley, unha coprodución entre Porto Rico e Taiwán que será tamén unha estrea do OUFF, neste caso europea, e “Gatillero”, de Cris Tapia, unha película de acción rodada integramente en plano secuencia, procedente da Arxentina.
A música tamén será protagonista nesta edición, na que ademais estreáse unha nova imaxe da Calpurnia. O domingo 28 de setembro, no marco da celebración do OUFF, a Xove Orquestra Ourensanía renderá tributo a Hans Zimmer, compositor de bandas sonoras tan recoñecibles como as de Gladiator, Piratas del Caribe ou Origen. Ademais, resultou gañador de dous Oscar, é considerado un revolucionario da banda sonora moderna por fusionar a orquestra sinfónica con electrónica e ritmos innovadores.
O público do festival poderá desfrutar en directo dalgunhas das bandas sonoras máis icónicas das últimas décadas. Ademais, os espectadores poderán desfrutar do OUFF Theme, o novo tema musical propio do festival, composto por José Manuel Cancela. Esta composición creouse para celebrar os 30 anos do certame e poderá escoitarse completo por primeira vez nesta cita.
De acordo co director musical da Xove Orquestra Ourensanía, José Luis Tielas, o concerto rende homenaxe a un dos grandes compositores da historia do cinema e “tamén proclama a vocación do OUFF de crecer, innovar, crear vínculos entre disciplinas artísticas, reforzando así o papel da cidade como punto de encontro internacional para a cultura”.
O OUFF Film Symphony: Hans Zimmer Tribute celebrarase o 28 de setembro no Auditorio Municipal de Ourense, a partir das 12,00 horas. O acceso será libre e gratuíto ata completar capacidade. A pasada edición, a Xove Orquestra Ourensanía inundou o Auditorio do ritmo da Marcha Imperial de Star Wars, na homenaxe ás obras que forman esta saga e ao compositor da súa banda sonora, John Williams.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un motorista resulta herido tras chocar con un coche en Marcelo Macías
MENOS QUE EL AÑO PASADO
Los empresarios de ocio nocturno prevén 40 fiestas ilegales en Fin de Año y Reyes en Ourense
Lo último