O OUFF volverá proxectar a gañadora da Palma de Ouro
A SECCIÓN INTERNACIONAL
O festival OUFF desvela tres filmes pertencentes a súa sección internacional
O OUFF volverá exhibir en Ourense a película gañadora da Palma de Ouro do Festival de Cannes. A 31ª edición do certame, que se celebrará entre o 25 de setembro e o 4 de outubro, proxectará “Fjord”, a nova obra do romanés Cristian Mungiu, dentro da Sección Oficial Internacional.
O festival mantén así unha tradición que o pasado ano permitiu ver na cidade “Un simple accidente”, do iraniano Jafar Panahi. Mungiu forma parte do reducido grupo de dez directores que conquistaron dúas veces o máximo galardón do prestixioso festival. “Fjord” aborda cuestións como a educación e a relixión e conta cun reparto encabezado por Sebastian Stan e Renate Reinsve. O filme é tamén o candidato oficial de Romanía aos Óscar de 2027 e non chegará ás salas comerciais españolas ata xaneiro, polo que o seu pase no OUFF permitirá velo con varios meses de antelación.
O certame desvelou outros dous títulos da sección, cuxo programa que se coñecerá integramente o 21 de setembro. A ópera prima “Terra Vil”, de Luís Campos, terá en Ourense a súa estrea estatal tras ser preseleccionada por Portugal para competir polo Óscar. O drama, protagonizado por William Cesnek, Rúben Gomes e Lúcia Moniz, aborda os efectos dunha traxedia nunha comunidade dedicada á pesca da lamprea.
Completa o avance “The Wolf, The Fox and The Leopard”, de David Verbeek. Trátase dun conto escuro sobre unha moza criada por lobos que debe enfrontarse á sociedade moderna.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HORARIOS CONFIRMADOS
El Our Fest escribe su quinto capítulo a golpe de guitarras
A SECCIÓN INTERNACIONAL
O OUFF volverá proxectar a gañadora da Palma de Ouro
Lo último