Juan XXIII y Paz Nóvoa
Guerra vecinal contra la construcción del centro de salud Nóvoa Santos en Ourense
ÁLBUM DE VERANO
Sempre que atopo unha destas imaxes, a miña cabeza dáselle por poñerse a matinar, no tema de por qué nas cidades fixémonos tan remilgados, ou pretendemos que o pareza; de xeito que o seu e ter un can con pedigrí, un escorpión, ou unha iguana.
Non teño nada contra eses animaliños, si es caso todo o contrario, pola miña vida xa pasaron dous cans, dous gatos, varios paxaros, algún hámster, e o que pode ser causa do meu pensamento, algún pitiño, e catro patos, (dos cales dous chegaron a alcanzar a tenra idade de servir para cazola; por certo na casa non houbo quen tivera o valor de velos na mesa, e serviron de agasallo para o padriño do meu irma, don Eustaquio).
O asunto vai ser, que no lugar destes animaliños encantadores, e que nalgún caso semellan persoas polo seu comportamento; non seria mais practico volver a época na que se tiñan galiñas, coellos, e porcos como animaliños de compañía; xa sei que o alcalde nos anos trinta creo recordar sacou un bando ca prohibición de que andasen pola rúa estes últimos, e razón tiña claro esta, que non e bonito ver as rúas decoradas cos pasteis deses bichiños, pero cos cans pasa o mesmo e non todos os donos levan o saquiño para recoller o seu “tesoriño”.
Facédeme caso a próxima mascota un porquiño, iso si poñerémoslle uns picos dos que usaban antes os nenos para evitar a multa.
Eu penso que debe ser a crise a que me fai ter estas ideas que vos parece?. Terei que falar ca xente de COREN ou Frigoluoro neste caso, por si se podería montar unha pequena cooperativa; nos criámolos, e eles encárganse da comercialización.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Juan XXIII y Paz Nóvoa
Guerra vecinal contra la construcción del centro de salud Nóvoa Santos en Ourense
REPARACIÓN DEL PAVIMENTO
Cortes de tráfico en la avenida de La Habana por obras del 29 de junio al 6 de julio
TEMPERATURAS SUPERIORES A 50º
El martirio de dar un paseo ante la falta de zonas verdes en Ourense
Lo último