QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
ANIVERSARIO
A palabra e a memoria de Marcos Valcárcel (1958-2010) volveron resoar no edificio que custodia o seu legado e o seu nome. Cando se acaban de cumprir tres lustros do seu falecemento, o Centro Cultural Marcos Valcárcel foi escenario dunha sentida homenaxe que máis que un evento institucional se converteu nunha xuntanza de amigos para lembrar a un dos intelectuais máis queridos e prolíficos da Ourense contemporánea.
O acto serviu para poñer en valor a vixencia do pensamento de Valcárcel, figura clave na historiografía galega e voz ineludible nas páxinas de La Región, onde durante anos analizou a actualidade e a cultura cunha pluma lúcida e comprometida coa terra. A súa capacidade para tecer afectos e a súa erudición convertérono nun referente de consenso, un “elemento básico de encontro” tal e como quedou patente na xornada deste venres.
A cita reuniu a persoeiros da cultura que compartiron vida e proxectos co historiador. Entre as intervencións destacaron as de amigos íntimos e compañeiros de xeración como Afonso Vázquez Monxardín e Xosé Lois Carrión, quen leron textos e poesías dedicadas ao autor, evocando a súa pegada persoal dende a emoción e a proximidade. A representación familiar correu a cargo do seu irmán, Fiz Valcárcel, quen agradeceu que a cidade siga a manter vivo o recordo do autor.
En representación da Deputación de Ourense, institución da que depende o centro cultural, participou o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández. Durante o evento, subliñouse non só o labor académico e xornalístico de Valcárcel, senón o seu talante dialogante, que o converteu nunha ponte entre diferentes sensibilidades culturais e políticas da provincia.
O broche de ouro a esta xornada de lembranza púxoo a música do grupo Brasas, pechando un acto no que Ourense volveu demostrar que, quince anos despois, a pegada de Marcos Valcárcel segue moi presente na memoria colectiva.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
NEGOCIO EN PLENO FUNCIONAMIENTO
Las hamburguesas de la Estación de Loman en Ourense piden relevo tras casi 15 años: "Queremos cambiar de vida"
Lo último
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas
RECAUDACIÓN DE FONDOS
Galería | A Arnoia se vuelca con la Fundación Diego Rivas, en fotos