O PP de Ourense destaca o poder do Plan Rexurbe para “recuperar a cidade”
VIVENDA
Luis Menor puxo como exemplo nas xornadas do PP as iniciativas de vivenda da Deputación e da Xunta de Galicia
O Centro Cultural Marcos Valcárcel foi o espazo escollido polo Partido Popular de Ourense para afondar nas iniciativas da Xunta de Galicia e da Deputación en materia de vivenda, cualificada polo presidente provincial, Luis Menor, como “o máis básico dos dereitos que dignifican ao ser humano”.
Nestas xornadas, Menor instou ás administracións a planificar o uso dos seus recursos na procura de solucións, apoiándose na actuación da Xunta de Galicia como exemplo do bo facer. O mesmo fixo coa Deputación, que aprobou o pasado luns unha liña de axudas para a adaptación de vivendas de persoas maiores de 65 anos nos municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes. Para o presidente provincial, a cooperación entre administracións e a colaboración co sector privado son elementos que deben ser prioritarios para as administracións. Igual de prioritario que o Plan Rexurbe, destacado pola portavoz do Grupo Municipal Popular, Ana Méndez, como unha ferramenta clave para a recuperación urbana do casco vello: “Ourense está diante dunha oportunidade histórica para transformar e recuperar a cidade. A Xunta actúa onde o Concello leva anos de abandono”. Para Méndez, “a declaración da Área Rexurbe é útil, eficaz e realista para frear o deterioro e recuperar a dignidade do noso patrimonio”. Opinión compartida pola concelleira Sonia Ogando, quen salientou a aprobación da área de interese autonómico para Ourense como “unha ferramenta positiva para recuperar o casco histórico de forma gradual”.
Axudas da Xunta
A directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Pilar Fernández, explicou as principais liñas de axuda activas da Xunta, como á adquisición de vivenda, axudas ao alugueiro ou á promoción de vivenda accesible e á rehabilitación. E aproveitou a ocasión para avanzar dous novos programas: un de cooperación para rehabilitación e nova construción, e o programa Fogar Vivo. O coordinador de área de vivenda do PP, Benito Iglesias, tamén destacou unha nova liña de actuación do IGVS, como previa á reivindicación dos populares dun modelo de vivenda sustentado na cooperación institucional, a seguridade xurídica e a disposición de solo público para garantir unha vivenda digna.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VENDIDO POR 100 EUROS
Acusado de robar un móvil en Ourense tras un bofetón: “Me lo quedo”
REUNIÓN CON LA SUBDELEGACIÓN
Las multas a los tractoristas suman cerca de 300.000 euros
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
RESTABLECER LA NORMALIDAD
Clemente González: “Para San Vicente é necesario un proxecto de pobo”
DESFILE ESCOLAR
Los escolares animaron plazas y rúas en Celanova