O PP pide reabrir o Museo Municipal e desbotar a idea de facer unha cafetería
ESPAZO REFERENTE
O grupo municipal do PP instará no vindeiro pleno ao goberno local a reabrir o Museo Municipal de Ourense recuperando a súa actividade artística e cultural orixinal, tras case catro anos pechado ao público.
Inaugurado no ano 1987, conta colección composta por 1.306 obras dos mellores artistas ourensáns e dende entón foi un dos espazos culturais máis importantes da nosa cidade.
“Era un referente para os ourensáns, pero tamén para os milleiros de turistas que nos visitan. Era o mellor lugar para coñecer a historia artística da nosa cidade. O seu peche nunca se debeu dar porque con el privouse á cidadanía do acceso á cultura e perdeuse unha das ofertas turísticas fundamentais da c idade”, asegura o edil popular Pepe Araújo.
Neste mandato, o goberno local anunciou a intención de converter o Museo Municipal nun Museo do Viño e nas últimas reunións de xutnas de área engadiu a idea de crear unha cafetería, coa correspondente concesión de canon ao Concello, unha idea que os populares non comparten. “O proxecto non é acorde coa finalidade que debe ter un museo: preservar e promover a nosa identidade cultural. Ademais, sen a actualización e aprobación dun novo PXOM non pode habilitarse para tales fins comerciais”, explica o concelleiro.
Por iso, o PP pedirá no salón plenario que o Museo volva ser un espazo referente de promoción da arte e a cultura ourensá para a veciñanza e os turistas. O grupo municipal tamén proporá que ademais da reapertura se realicen actividades complementarias e gratuítas como poden ser conferencias, presentacións e mostras culturais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas
Jugando al Eurotrack Simulator
El streamer Pau Fuentes alucina con el Puente del Milenio en su recorrido por Ourense: "¡Vaya puentecito!"
Lo último