QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
PRIMEIRO GOBERNO GALEGO
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu ese martes a presentación do documental “Consello de Galiza, goberno galego no exilio”, do director Xan Leira. No marco do 80 aniversario da fundación, esta obra repasa a historia do primeiro goberno galego no exilio, creado formalmente na cidade de Montevideo o 15 de novembro de 1944 e constituído, de facto, o 8 de decembro na cidade de Bos Aires.
A peza conta con testemuños de históricos galeguistas e republicanos coma Lois Tobío, Mariví Villaverde, Rosa Puente, entre outros. Participan tamén diversas personalidades da vida política e cultural galega e estatal como Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao; Francisco López “Chesqui”, Secretario xeral do Partido Galeguista; Iñaki Anasagasti, xornalista e dirixente do PNV; Xoán Antón Pérez Lema, avogado; Alfredo Erias, historiador. Por outra banda, recolle as intervencións de Miguel Ángel Santalices, Presidente do Parlamento de Galicia e Xesús Manuel Suárez, Presidente do Partido Galeguista, durante o acto celebrado no Parlamento de Galicia, en conmemoración do 80 aniversario do Consello de Galiza o 15 de novembro de 2024.
Para contextualizar o relato histórico, o documental salienta o recoñecemento de Alfonso Castelao como “primeiro presidente do Consello de Galiza e precursor do noso autogoberno”, celebrado no Parlamento de Galicia o 15 de novembro de 2024 coincidindo co 80 aniversario da constitución do Consello de Galiza. Neste senso, no acto levouse a cabo unha charla baixo o título de “Castelao, onte, hoxe e mañá”, na que interviron Miguel Anxo Seixas Seoane, Presidente da Fundación Castelao; Xesús Manuel Suárez, Presidente do Partido Galeguista e Luís González Tosar, escritor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
NEGOCIO EN PLENO FUNCIONAMIENTO
Las hamburguesas de la Estación de Loman en Ourense piden relevo tras casi 15 años: "Queremos cambiar de vida"
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas