Pruden Tattoo, unha nova ollada á cultura popular galega
DA TATUAXE Á MODA
Da pel aos carteis, da tatuaxe á moda. Pruden Tattoo, o proxecto creativo dos ourensáns Anxo Varela e Lúa Carballo converteuse nun referente do deseño e na estética
Escenas inspiradas en “A Esmorga”, referencias a Castelao ou ilustracións que reinterpretan a cultura popular galega desde unha mirada contemporánea. O universo visual de Pruden Tattoo hai tempo que deixou de limitarse á tatuaxe. O proxecto creativo impulsado polos ourensáns Anxo Varela e Lúa Carballo conseguiu construír unha identidade artística propia que transcende ás redes sociais e á propia pel para formar parte dun imaxinario colectivo cada vez máis recoñecible.
O que comezou como un estudo de tatuaxe evolucionou co paso dos anos cara a unha proposta creativa moito máis ampla. As súas ilustracións, deseños e colaboracións atoparon espazo en ámbitos moi diversos, desde a cartelería cultural ata proxectos vinculados á moda ou ao deseño. Unha das súas últimas achegas foi a creación do cartel do Entroido de Verín deste ano, unha mostra máis de como a súa linguaxe visual conseguiu conectar con institucións e públicos que van moito máis alá do mundo da tatuaxe.
A esencia dese traballo atópase nunha estética que bebe de referentes como Castelao e outros artistas realistas do século XX, pero tamén da propia iconografía popular galega. O resultado é un estilo recoñecible que combina tradición e modernidade e que converteu a Pruden nunha das propostas creativas máis singulares xurdidas en Galicia nos últimos anos.
Esa proxección levou o proxecto a participar en iniciativas afastadas do seu ámbito habitual. Entre elas destaca a súa recente colaboración coa firma de roupa coruñesa NWHR, unha experiencia que permitiu trasladar o seu universo artístico a novos formatos. “Foi un proceso moi profesional e nunca fixera algo así. Sen dúbida outros artistas, se puideran, tamén o farían”, explica Varela.
A evolución da tatuaxe como fenómeno cultural tamén forma parte desa transformación. “Dende a miña perspectiva, está máis normalizado que hai un tempo, pero tamén é verdade que a xente coa que me relaciono é moi tolerante con isto”, reflexiona.
Lonxe de encadrarse nunha única disciplina, Pruden Tattoo consolidouse como un proxecto creativo en constante expansión e cambio. A súa pegada conseguiu transcender o ámbito puramente artístico para converterse nunha forma contemporánea de contar Galicia, reinterpretando símbolos, personaxes e historias que cada vez atopan máis apego entre o público.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
RECORD DESCARGAS ELÉCTRICAS
Este domingo cayeron en España más de 83.000 rayos
movilidad laboral
La sanidad privada redefine el mapa de la movilidad internacional