Quedan oito titulacións con prazas vacantes no Campus de Ourense

ATA O 27 DE XUÑO

O prazo de matrícula para os alumnos convocados neste cuarto chamamento no Campus de Ourense estará aberto ata o luns 27 de xullo

Estudiantes haciendo el examen de la PAU
Estudiantes haciendo el examen de la PAU | Europa Press

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) publicou onte o cuarto chamamento de matrícula universitaria. Foi o primeiro no que puideron participar os estudantes que se presentaron á convocatoria extraordinaria da Proba de Acceso á Universidade (PAU). No referente ao Campus de Ourense completáronse as prazas do grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE), que finalmente pechou cunha nota de corte de 8,586.

Nesta liña quedan aínda oito titulacións as que se pode acceder. Trátase dos graos en Ciencia e Tecnoloxía do Alimentos; Ciencias Ambientais; Enxeñería Agraria; Traballo Social; Turismo; a Simultaneidade de Turismo e Xeografía e Historia; a Simultaneidade Enxeñaría Agraria e Ciencias Ambientais e a Simultaneidade Enxeñaría Agraria e Ciencia e Tec. dos Alimentos.

A suma de graos con prazas dispoñibles nos campus universitarios galegos ascende a un total de 49. O prazo de matriculación para os alumnos convocados neste cuarto chamamento iniciou hoxe e estará aberto ata as 23.59 do luns 27 de xullo. Debe realizarse a través dos enlaces correspondentes da UVigo, da UDC e da USC. O próximo chamamento publicarase o vindeiro mércores 29 de xullo.

Contenido patrocinado

stats