José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Galiza é un país que ten todo para saír adiante, para gañar un futuro de emprego, prosperidade e benestar. Temos recursos materiais e ambientais, somos un pobo traballador e solvente, temos talento para innovar, avanzar e ser referencia en moitos ámbitos nos que contamos con vantaxes competitivas e posición privilexiada.
Fáltanos unha cuestión fundamental, poñer todo ese capital e recursos ao noso servizo, facer que xeren riqueza e emprego aquí; gañar capacidade para decidir nos nosos asuntos e tomar decisións ao noso favor. Para poder, con autogoberno real, desenvolver toda a potencia que temos como pobo e avanzar cara un novo status político.
Precisamos un cambio real e cada vez máis galegos e galegas constatan que a ferramenta de cambio real é un BNG que non se pon límites e que quere liderar un futuro mellor para Galiza. Somos a alternativa política a un goberno do PP que pon escusas, escapa dos problemas buscando culpábeis e dedica máis esforzos a facer de oposición da oposición que en aportar solucións. Precisamos un goberno que teña a súa cabeza e o seu corazón en Galiza, como facemos desde o BNG exercendo de auténtico goberno alternativo, porque non nos limitamos a criticar o que está mal, senón que a cada crítica poñemos unha proposta de solución sobre a mesa.
Nese novo escenario, Galiza debe ser protagonista e xogar coas súas cartas, sen ataduras.
É a maneira de facer política útil, política con maiúsculas, sobre todo cando vivimos unha época de cambios acelerados, de choque de trens entre Estados Unidos e China, que pon en evidencia a necesidade de recuperar capacidade produtiva, na que a seguridade enerxética e alimentaria deixaron de ser conceptos teóricos para se converteren en prioridades políticas. A revolución da intelixencia artificial e da dixitalización abre enormes oportunidades, pero tamén riscos para quen quede atrás.
Nese novo escenario, Galiza debe ser protagonista e xogar coas súas cartas, sen ataduras. Temos enerxía renovable, posición atlántica estratéxica, innovación, capacidade de desenvolvemento na industria, no mar, no forestal e no agro, coñecemento científico e unha xeración de mozos e mozas extraordinariamente preparada. Temos unha identidade forte que nunca foi un límite, senón unha forma singular de estar e contribuír ao mundo.
Cada 25 de xullo, Día da Patria Galega, danos a oportunidade de preguntarnos que país queremos ser, sobre todo neste momento no que o mundo está cambiando a unha velocidade inédita, colocando no centro do debate cuestión tan importantes como a soberanía industrial, a autonomía enerxética ou a tecnoloxía propia para evitar depender doutros, porque iso ten un alto custe.
Poucos territorios europeos reúnen tantas fortalezas como Galiza, porque partimos dunha situación privilexiada, a que nos da ter recursos naturais, capacidade industrial, universidades de prestixio, centros de investigación, un sector primario potencialmente moi competitivo, empresas innovadoras, talento recoñecido dentro e fóra e unha sociedade aberta, formada e comprometida.
Pero seguimos ocupando un lugar dependente nas decisións que afectan ao noso futuro: Exportamos electricidade pero pagamos unha factura máis cara da que nos corresponde; xeramos riqueza que marcha para fóra; perdemos mocidade porque non sempre atopan aquí as oportunidades que merecen; e vemos como decisións fundamentais continúan tomándose a centos de quilómetros de onde producen os seus efectos.
Hoxe Galiza continúa sufrindo decisións do Estado que a prexudican: un financiamento insuficiente, infraestruturas demoradas, competencias estatutarias aínda sen transferir ou unha política enerxética que non recoñece o esforzo dun país produtor como o noso. Esa discriminación existe coa complicidade dun goberno do PP que durante dezasete anos en lugar de ser parte da solución é parte do problema desa discriminación, porque non está do lado do autogoberno real senón do lado do centralismo madrileño que tan letal resulta para os intereses dos galegos e das galegas.
En vez de defender Galiza, optou demasiadas veces por antepoñer os intereses do seu partido aos intereses do País, cun goberno de Rueda que practica a submisión ao PP de Madrid, demostrando unha mansedume impropia do cargo que ostenta. Por iso é o momento de facerse valer, e iso significa reclamar un financiamento xusto, completar as competencias pendentes do Estatuto e avanzar cara un novo status político de nación para aproveitar a nosa capacidade enerxética para favorecer ás familias e ás empresas galegas, apostar pola innovación, pola ciencia, pola lingua e pola cultura como factores de desenvolvemento, e garantir que os recursos naturais xeren emprego e prosperidade aquí.
Porque a cuestión xa non é se Galiza pode. Claro que pode! O BNG leva anos defendendo esa idea cunha convicción cada vez máis compartida pola sociedade galega: querer máis Galiza para vivir mellor.
Temos que seguir avanzando, escribindo novos capítulos con liberdade, sen imitacións, sen tutelas, nese camiño cara a Galiza soberana e dona de si que todos e todas queremos, con orgullo e con humildade, cun sorriso e sen escatimar esforzo, traballo e talento para construír a Galiza en grande que queremos e que nos merecemos. Nesa dirección traballa o BNG, este Día da Patria de 2026 e sempre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Los años nunca volverán
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Es usted muy gracioso, es usted muy ingeniosa
Alfredo Conde
A TRIRITA
Sobre gatos, ratos, monarcas e presidentes
Lo último